Esta semana o equipo sénior descansa pero o club segue xerando rugbi nos seguintes eventos; Concentracións: Este sábado as 10.30 celébrase no campo municipal Marcos Gómez (O Cembedo) a “I Xuntanza de Escolas de Rugbi da Zona Norte”, organizado polo club Axterix Viveiro, o que irán desfrutar os nosos 17 minirinos Sub8-Sub10 e Sub12 .
Encontros: o sábado, pero na Malata as 16.00, xogaran os noso rinos Sub16 con Ferrol RC contra os Ingleses RC.
Convocatorias Federación Galega:
– Alberto e Breogán chamados a 2ª Convocatoria de adestramentos da Selección Galega Sub14, en Compostela o luns 28 de Febreiro.
– Pablo, Pablo Varela e Jorge convocados para concentración da Selección Galega Sub23, en Acea da Ma o sábado 5 de Marzo.
Info: RRSS Zalaeta