Gran festa do atletismo base a vivida esta fin de semana na pista cuberta de Ourense onde se darían cita un total de corenta e oito equipos para a disputa da fase Final da Liga ABANCA.

Coma sempre, o aspecto deportivo importante en calquer cita, viría da man de toda unha serie de valores tales como o compañeirismo, o respeto, a solidariedade e o saber compitir que convertirían a esta cita en moito máis que nunha mera fase final. Moitos foron os xestos de deportividade que nos deixarían estes/as xovencísimas/os atletas ó longo de toda unha xornada de paixón e moito emoción tanto no terreo individual como no colectivo.

Precisamente no tocante ó apartado de resultados por equipos, cabe salientar ó club ADAS Proinor quen se imporía en todas as categorías masculinas “debutando” o Atletismo Feminino Celta no casilleiro de gañadores con nada menos que cos triunfos nas categorías Sub10 e Sub14 feminina. O Ourense Atletismo pola súa parte lograría a victoria por conxuntos na categoría Sub12 mulleres. Cabe salientar da mesma maneira ós equipos do Atletismo Sada, Atletismo Millaraio e Vila de Cangas quenes subirían en máis dunha ocasión o pódio sen esquecer tampouco a C.D.Pinarium, Marineda, LUCUS Caixa Rural Galega e Val Miñor cuxos equipos lograrían un dos postos de honra desta Fase final da Liga ABANCA.

Noutro orde de cousas a xornada serviría para facerlle entrega e distinguir ca placa Ramón Docal 2018 á Mari Carmen Conde pola súa traxectoria como xuiza en todos estes anos. De igual modo estrearíase dous novos marcadores electrónicos de pista, así como un novo sistema de saídas que xunto o macro control efectuado ó longo de toda o día, completarían a xornada do domingo.

 

Pódio por equipos

  •   Categoría Sub10 Feminina

1o A.F.Celta 37 p.
2o C.A.Sada 35 p.
3o ADAS Proinor 29 p.

  •   Categoría Sub10 Masculina

1o ADAS Proinor 50 p.
2o C.D.Pinarium 37 p.
3o Ourense A. 35,5 p.

  •   Categoría Sub12 Masculina

1o ADAS Proinor 44 p.
2o Marineda A. 38 p.
3o Millaraio 35 p.

  •   Categoría Sub12 Feminina

1a Ourense A. 46 p.
2a A.V.Cangas 35 p.
3o. LUCUS CRG 35 p.

  •   Categoría Sub14 Feminina

1a A.F.Celta 58,5 p.
2a A.V.Cangas 51 p.
3o. A.V.Miñor 49 p.

  •   Categoría Sub14 Masculina

1o ADAS Proinor 54 p.
2o A.Millaraio 45,5 p.
3o C.A.Sada 41 p.