[alert type=»danger»]

Rápido de Pereiró: Olalla, Yanira, Cae, Silvia, Sara, Monica, Itziar, Laura, Soraya, Raquel Carreaga (Raquel Freiria 46′), Raquel Ferreira

UD Ourense: Barbi, Lola (Cris Pumar 37′), Maria, Nina (Raquel 46′), Pacy , Alba, Cris Rodriguez, Noe, Hele , Palo, Alba Delgado.

Goles: 0-1 Palo min 3; 0-2 Hele min 9; 0-3 Noe min 15; 0-4 Alba Delgado min 21; 0-5 Hele min 38; 0-6 Cris Rodriguez min 40; 0-7 Hele min 47; 1-7 Monica min 79.

Árbitro: Diego Rodriguez Covelo. Sen amonestacions.

Incidencias: partido correspondente a 34ª xornada do Grupo Sur da Segunda Autonómica disputada no campo do Monte da Mina (Vigo).

[/alert]

 

 

 

Dominio absoluto do partido por parte das visitantes dende o primeiro minuto do partido. Monopolizaron o balón con chegadas constantes que foron producindo un goteo constante de ocasións e goles na meta local. Abriu Palo o marcador no minuto 3 tras un pase en profundidade de Pacy. Os dous seguintes tantos obra de Hele e de Noe foron un calco, movemento de balón de banda a banda e pase en profundidade que as deixaba soas diante da porteira. O cuarto obra de Alba Delgado veu tras un córner no minuto 21. De aquí ao descanso aínda chegaría tus máis obra de Hele no minuto 38 e de Cris Rodríguez no minuto 40. As locais so se achegaron ao campo da UD Ourense nun balón longo que atrapou Barbi.

 

A segunda metade comezou como rematou a primeira e cedo chegou o 0-7 obra de Hele. O partido baixou de ritmo, coas visitantes tentando que rematara o partido movendo o balón para evitar a forte calor e as locais tentando de conseguir o tanto da honra en algun roubo de balón. Ese tanto produciuse no minuto 79 nunha contra tras un saque de banda a prol das visitantes.

 

Remate da liga en segunda posicion e ascenso de categoría para as rapazas da UD Ourense. O vindeiro domingo as 16:45 fin de tempada coa disputa da primeira edición da Copa Deputación femenina contra o Rúa no campo do Couto, boa oportunidade para que a xente se achegue a desfrutar do fútbol feminino.

 

Foto: Yedra Seara