As rapazas do Bm. Nova Xestión Pabellón escalan a segunda praza

0

 

O Nova Xestión Pabellón deu continuidade a sua racha de victorias na difícil cancha do Camariñas, vencendo despois dun gran segundo tempo das coruñesas (25-32).

Non empezaron nada ben as do Nova Xestion Pabellon, cun deficit de intensidade que non lles permitiu adquirir grandes ventaxas a pesar de ir por diante durante toda a primerira parte. O tandem Bouso-Elisa deu as primeiras ventaxes as visitantes no primeiro cuarto do encontro e cunhas moi acertadas Vega dende o extremo, e Sarai baixo paus chegouse ó descanso cun 13-16 no marcador.

Na reanudacion, as das Burgas melloraron en defensa, cunha inspirada Lopez no centro da zaga que foi capaz de cortar de raiz a unica via de entrada das de Camariñas coa linea de 6 metros. Ademáis moi acertada tamen na definicion das xogadas dende o extremo dereito cando as locais plantexaron mixta sobre Ana Bouso, con 8 golos no encontro. Esta mellora atrás, serviu para ir aumentando progresivamente as diferenzas ata unha maxima de oito goles (20-28). 

O final, nova victoria, a quinta das de Zarra nesta Tempada, que as coloca segundas na táboa. A próxima semana reciben na casa o Bm Culledero a partir das 18:00 horas no Anexo dos Remedios.

 

Resultado Base:

As Infantis e cadetes Femininas descansaron esta xornada.