As rapazas da UD Ourense volven a senda da vitoria diante o Ciudad de Pontevedra (9-0)

0

 

Unha nova e contundente victoria das rapazas da Union Deportiva Ourense a conseguida na maña do Domingo no campo do Monte da Aira (Velle).

  • As visitantes presentábanse con duas baixas de ultima hora por motivos laborais, unha delas da xogadora de Ribadavia, ex do Barbadás, Aby

 

UD Ourense: Bermejo, Ile, Maria, Tania(Alba Delgado 58′), Lola, Alba, Nina, Noe (Nerea 62′), Hele (Cris Pumar 68′), Cris Rodriguez, Yani (Sara 68′)

Ciudad de Pontevedra: Rosalia, Adriana, Amanda, Patricia, Rosa, Nerea Leva, Cristina, Tamara, Paula, Alba, Nerea.

Goles:

1-0 Cris Rodriguez min 12; 2-0 Yani min 17; 3-0 Hele min 26; 4-0 Yani min 46; 5-0 Nina min 60; 6-0 Cris Rodriguez min 63; 7-0 Nere min 74; 8-0 Alba Delgado min 81; 9-0 Alba Delgado min 84

Árbitro: Renny Mazaira. Sen amonestacions.

Incidencias: partido correspondente a 13ª xornada do Grupo Sur da Segunda Autonómica disputada no campo do Monte da Aira en Velle. 

 

Resultados y clasificación

 

O partido foi un monólogo do equipo local desde o pitido inicial. Xogo combinativo, chegadas por bandas, que se foron sucedendo desde o minuto 1 e que foron desembocando en goles. O primeiro foi obra de Cris Rodríguez tras unha gran xogada iniciada na defensa na que participou case todo o equipo e que culminou cun gran disparo coa perna esquerda que entrou pola escadra da portería visitante no minuto 12. Ata o minuto 30 sucedéronse ocasións, que só se convertiron en dous goles máis antes do descanso pola boa laboura da gardarredes visitante e pola falta de puntería local. Yani no 17 tras unha gran xogada de Hele pola banda e a propia Hele no minuto 26 tras unha fermosa xogada persoal puxeron os goles antes do lecer.

A segunda metade comenzou cun gol de xogada no saque de centro, balón longo a Hele que deixa de primeira a Yani dentro da área e esta define con precisión. Non habería que agardar moito para o quinto, sería Nina a que marcaría tralo saque de esquina que lanzou Cris Rodríguez. Este é o primeiro tanto da xogadora alemá coa camisola ourensanista. Tralo carrusel de trocos no bando local seguíanse producindo ocasións e asi chegaron os goles de Cris Rodríguez de tiro lonxano no minuto 60, o de Nere no 74 tras unha parede dentro do área e os dous de Alba Delgado no 81 e 84.

Tres novos puntos que permiten manter o liderato ata o seguinte partido o dia 13 de Decembro contra o Portonovo nun partido atrainte entre dous rivais directos polo ascenso