As rapazas da UD Ourense retoman o liderato ante o Racing Vilariño (2-0)

0

 

Nova victoria das rapazas da UD Ourense diante das terceiras clasificadas, o Racing de Vilariño (2-0) que lles permite recuperar o liderato e deixar as terceiras a 10 puntos cun partido máis disputado

 

UD Ourense: Barbi, Ile, Maria, Nina, Pacy, Alba, Cris Rodriguez , Moni, Hele, Palo (Noe 65′), Yani (Lola 80′).

Racing Vilariño: Silvia, Maria Vicente (Veronica 63′), Maria Veiga (Eva 79′), Cristina, Laura, Jennifer, Estefania, Sandra (Ana 46′), Maria Pazo, Coral (Sara 46′), Antia.

Goles: 1-0 Cris Rodriguez min 32; 2-0 Yani min 80.

Árbitro: Daniel Hernandez Gonzalez. Cartons amarelos a Yanina (36′) e Alba (89′) polas locais e a Jennifer (21′ e 85′), Maria Pazo (71′), Cristina (79′) e Ana (89′). Caton vermello a Moni (57′) polas locais e a Jennifer nas visitantes (85′) por dobre amarelo.

Incidencias: partido correspondente a 27ª xornada do Grupo Sur da Segunda Autonómica disputada no campo do Monte da Aira (Velle). Gran ambiente no campo de Velle, aproximadamente unhas 300 persoas, cun autobus de xiareiros do equipo visitante.

 

Pincha aquí para ver la galería de imágenes

 

A primeira metade tivo duas metades diferenciadas. Ata o minuto vinte aproximadamente nervos nas locais, un pouco impresionadas polo gran ambiente nas bancadas e un maior empuxe das visitantes, máis metidas no partido. Ainda así as mellores ocasións foron locais, xa no minuto 1 ocasión de Moni nun roubo de balón no área contraria e a máis clara de Yani no minuto 9 que tras unha gran xogada colectiva ficou soa diante da porteira visitante facendo unha vaselina que mandou a córner nunha gran parada.

16As visitantes presionaban moi intensamente o balón e nos roubos buscaban a sua dianteira Laura, pichichi da categoria, que buscaba o tiro a porta dende calquera parte do campo, ainda que sen acerto. Pouco a pouco foron asentando as locais e impoñendo o seu xogo e os 25 derradeiros minutos foron un monologo local, chegadas, corners, faltas laterais, … ata que no minuto 32 chegaria o 1-0 nunha moi boa xogada de todo o equipo que remataría cun pase de Moni a Yani que deixou de primeiras a Cris Rodriguez que chegaba dende atrás e marcou.

Ainda terían Hele e Yani nas suas botas duas boas ocasións antes do lecer e outra que entre Moni e Pacy non foron quen de meter entre os paos da portería. As visitantes terían a sua oportunidade preto do remate cunha falta dende o medio do campo que tirou Laura preto do longueiro.

A segunda metade comezou como rematou a primeira, coas locais moi centradas e as visitantes como único recurso o balon longo buscando a sua dianteira, que foi perfectamente neutralizada por Pacy e Nina. Tiveron un par de ocasións claras Hele e Cris Rodriguez ata que no minuto 17 chegou a xogada que puido trocar o partido. Falta que cometen as visitantes e o árbitro expulsa a local Moni porque entende que insulta a rival.

Os seguintes 10 minutos foron de incertidume nas locais que perderon o pulso do encontro, sen pasar eso si perigo mais ala de un par de faltas colgadas ao area sen remate. As locais volveron centrarse no xogo e retomaron o mando voltando a chegar as ocasións en pes de Hele, Noe e Yani. No minuto 74 chegaría a ocasión mais clara das visitantes en todo o partido, córner que saca Laura directamente a portería e saca Nina o balon debaixo dos paos. O banquillo visitante reclamou que o balon entrara.

19Dous minutos despois balon longo a Yani que se queda soa diante da porteira dentro do area, a cal na sua saida desesperada choca coa dianteira local. As locais reclaman penalti que non foi sinalado. As visitantes adiantaron liñas e as chegadas locais aumentaron cos espazos. No minuto 80 chegaria o 2-0 cun pase en profundidade que acaba en Yani que de tiro cruzado marca. As forzas igualaronse no minuto 85 coa expulsión por dobre amonestacion da visitante Jennifer. Non pasaron por apuros as locais e ainda tiveron un par de chegadas con perigo a meta visitante.

Tres novos puntos para a UD Ourense que permiten voltar ao liderato. O vindeiro partido sera o domingo día 10 contra o Balaídos.