As rapazas da UD Ourense mais preto do ascenso (0-4)

0

 

Nova victoria das rapazas da UD Ourense diante do Ciudad de Pontevedra que permite seguir unha semana mais no liderato a falta de tres partidos por disputar (0-4)

 

Ciudad de Pontevedra: Alba Hermida, Noelia, Alba, Patricia, Rosa (Amanda 46′), Nerea Leva, Cristina, Nerea Perez, Alejandra, Uxia, Tania.

UD Ourense: Lola, Ile, Maria, Nina, Pacy , Alba (Sara 58′), Cris Rodriguez, Noe, Hele, Palo (Cris Pumar 68′), Yani (Moni 46′).

Goles: 0-1 Hele min 4; 0-2 Palo min 7; 0-3 Pacy min 22; 0-4 Noe min 44; 0-5 Moni min 71.

Árbitro: Martin Casalderrey Soria. Sen amonestacions.

Incidencias: partido correspondente a 30ª xornada do Grupo Sur da Segunda Autonómica disputada no campo da Xunqueira (Pontevedra).

 

 

A primeira metade foi un goteo continuo de oportunidades das visitantes a pesares de non impoñer moito ritmo ao seu xogo. O marcador inagurouno Hele no minuto 4 despois dun gran pase entre liñas de Cris Rodriguez. Pouco despois chegou o segundo obra de Palo ao coller un rexeite dentro do area tras unha xogada da Noe pola banda.

O terceiro gol chegou nun saque dende a esquina que rematou Pacy no segundo pao. Antes deste gol e ata o 0-4, unha sucesion de ocasions erradas en maos a maos coa porteira local evitaron que o marcador fose mais abultado. No minuto 44 Noe facia o 0-4 tras un tiro dende un lateral da area. As locais so se achegaron nun par de faltas dende a frontal que no atoparon portería.

A segunda metade careceu de ritmo e intensidade, marcado pola calor e o resultado, so roto por un gol no minuto 71 cun tiro de Moni dende dentro da area.

Tres novos puntos para a UD Ourense que permiten achegarse mais ao ascenso. Agora tocan duas semanas de descanso. O vindeiro partido sera o dia 15 de Maio en Portonovo, contra as segundas clasificadas.