Derrota das rapazas da UD Ourense diante do Portonovo que deixa moi costa arriba o primeiro posto e aparca o ascenso de categoría

 

Ciudad de Pontevedra: Beli, Eva, Cristina, Laura (Icia 50′), Paula Agin (Amanda 46′), Nuria, Lucia (Carla 78′), Paula (Bea 76′), Yolanda, Carolina, Marta (Laura Castro 47′).

UD Ourense: Barbi, Lola, Maria, Nina, Pacy , Alba (Yani 58′), Cris Rodriguez, Noe (Alba Delgado 75′), Hele, Palo, Moni.

Goles: 1-0 Paula min 77.

Árbitro: Alejandro Taboada. Cartons amarelos nas locais a Eva (30′), Carolina (84′) e Bea (89′) e nas visitantes a Lola (65′).

Incidencias: partido correspondente a 32ª xornada do Grupo Sur da Segunda Autonómica disputada no campo de Baltar de Arriba (Portonovo).

 

GALERÍA DE FOTOS

 

A primeira metade foi de tanteo. As locais que sabian moi ben ao que xogar evitando o xogo combinativo das visitantes presionando moito o balon e nos roubos buscando balons longos as suas rapidas xogadoras de banda para tentar crear perigo e as visitantes moi atenazadas polos nervos do partido e que nunca se sentiron comodas. As chegadas as areas foron contadas, sendo a mais clara un tiro ao pao das locais logo dun roubo de balon no medio do campo. Houbo algunha opcion mais para os dous equipos en xogadas a balon parado que non moveron o marcador.

 

005A segunda metade estiveron mellor as visitantes, comezaron a facerse co dominio do xogo e comezaron a merodear o area do Portonovo. O xogo ainda asi era lento. A xogada que trocou o partido foi no minuto 77. Cando mellor estaban as visitantes e as locais xa non presionaban tanto, Palo regatea preto do area rival a unha xogadora, cae ao chan e o arbitro moi preto da xogada non sinala nada, o Portonovo envia o balon en longo a espalda da defensa, as visitantes reclaman fora de xogo q o colexiado non sinala e Paula plantase soa diante de Barbi e marca por baixo.

Tiveron as visitantes catro ocasions claras para empatar o partido. A primeira foi un tiro de Yani dentro do area que atrapou a gardarredes local. A segunda unha falta dende a frontal despois de que a defensa cortara coa man cando Yani se quedaba soa, que tirou Palo e parou a gardarredes en dous tempos. A terceira tivo polemica, balon longo a Yani, a central e a gardarredes do Portonovo non se entenden, Yani adiantase, eleva o balon por riba da gardarredes e esta na sua saida derribaa, o colexiado decretou saque de porta. A derradeira oportunidade foi no tempo engadido nunha falta que cabeceou Moni e parou nunha gran intervencion a gardarredes local. Con iso rematou o partido.

Derrota da UD Ourense que pon moi dificil o titulo de liga xa que agora o líder é o Portonovo cun punto máis. O vindeiro partido sera o proximo domingo dia 22 de Maio no Monte da Aira contra o Mamis Arnelas, no que as rapazas da UD Ourense necesitan un triunfo para certificar o ascenso.