As rapazas da UD Ourense debutan con empate ante o Victoria (0-0)

0

 

 

[alert type=»success»]

UD Ourense: Ches, Noe, Maria, Lo, Pacy , Dana, Moni, Aida (Cris Rodriguez 14′), Hele , Palo (Cae 74′),Laura.

Victoria FC: Carmen, Alba Muñiz, Angela Nogueira, Angela Otero (Raquel 61′), Mirian Garabato, Alba Torres, Antia (Sara 66′), Mirian Salmonte, Enma, Maria, Angela Choren

Goles: Sen goles.

Árbitro: Jose Ramon Jimenez Alberte. Cartons amarelos para Angela Otero (61′) e Alba Torres(71′) nas visitantes.

Incidencias: partido correspondente a 1ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo do Monte da Aira(Velle). 100 espectadores

[/alert]

 

O primeira metade comezou como un autentico vendaval por parte das visitantes. Gran despliegue fisico en todas as parcelas do campo e unha presion asfixiantes que non deixaba maniobrar as locais. A banda esquerda do ataque santiagues convertiuse nun pesadelo. As incursions da interior esquerda e os saques de banda da lateral levaban moito perigo. Precisamente as duas ocasións mais claras das visitantes chegarian a primeira nun saque de banda logo que a defensa non e quen de despexar, atopandose a dianteira Santiaguesa cunha gran intervencion de Ches evitando o 0-1. A segunda seria un roubo na saida do balon da defensa ourensanista que remataria nun tiro cruzado que se foi fora por pouco. As locais nesta primeira parte so tiveron un par de tiros lonxanos nos pes de Moni e un intento de vaselina de Palo dende 40 metros.

A segunda metade comezou bastante igualado nos primeiros dez minutos, sen apenas chegadas.O panorama trocou a partires do minuto dez, facendose as locais dominadoras do xogo cunha presion moi efectiva. Chegarian duas moi claras ocasions, a primeira tras unha boa xogada colectiva que remata en Laura dentro do area, pero o seu tiro cruzado foise fora por moi pouco. A segunda chegaria nun saque de falta colgado ao area por Cris Rodriguez e que cando ia rematar Moni completamente soa despexou unha defensa mandando o balon ao pao. Os derradeiros dez minutos foron unha ruleta rusa, os dous equipos cansados polo gran desgaste feito e as poucas xornadas de competicion, non houbo ocasions claras pero o partido foi un ida e volta que puido decantarse para calquera.

Primeiro punto para as rapazas da UD Ourense ante un dos candidatos a loita polo ascenso. A vindeira xornada sera outro duro partido ante o Sardoma B o domingo nas Relfas (Vigo), outro dos chamados a estar na parte alta.