[alert type=»success»]

UD Ourense: Barbi, Ile, Maria, Nina (Noe 6′), Pacy , Alba, Moni, Lola, Hele , Palo, Cris Rodriguez.

CF Rua-Valdeorras: Yaiza, Noelia, Carolina, Isabel, Lucia Fernandez (Rebeca 53′), Sabela, Ana, Candela (Maria 57′), Paula, Lucia (Sara 53′), Carlota

Goles:

1-0 Palo min 39; 2-0 Cris Rodriguez min 46; 2-1 Paula min 68; 3-1 Cris Rodriguez min 79.

Árbitro: Yolanda Llorente Cuesta con Uxia Boimorto e Irene Outeda nas bandas e Maria Cid de 4ª arbitro. Cartons amarelos para Alba (18′) nas locais e para Sara (52′), Rebeca (52′), Isabel(57′), Candela (73′) e Noelia (73′) nas visitantes.

Incidencias: partido correspondente a final da 1ª Copa Deputacion feminina disputada no campo do Couto (Ourense). 500 espectadores

[/alert]

 

O partido comezou co Rúa mais metido no partido e con moitos nervios das locais. Nos primeiros 5 minutos as visitantes sairon moi enchufadas e dispuxeron dun disparo ao longueiro nunha falta cometida nun lateral do area. No minuto 6 produciuse a lesion de Nina, que nun esbaron caia en mala postura e tiña que ser trasladada en ambulancia. Sofre unha fractura no radio da que ten que ser operada.

A partires dese intre monopolio do balon por parte das locais que se empezaron a atopar comodas no cespede. Sen embargo as chegadas morrian ao chegar ao area visitante. Tivo unha ocasión moi clara Hele, nunha xogada persoal na que se plantou soa diante da porteira pero o seu remate picado petou no lateral da rede. Ainda teria tamen outra moi clara Hele nunha boa xogada colectiva. Cando todo parecia que se chegaria ao tempo de lecer sen movementos no marcador, a fe de Noe que non deu por perdido un balon no que a ventaxa era da porteira do Rúa, rematou nun pase atrás que Palo libre de marca convertiu no 1-0.

 

A segunda metade seguiu a mesma tonica coa que rematou a primeira, control do xogo das locais. Ao pouco do comezo chegou o 2-0 boa xogada en ataque das ourensanistas que chega a Noe, pon o balon ao borde da area, Palo dalla a Cris Rodríguez e esta marca coa esquerda. As ruesas acusaron ainda mais o golpe. Voltaria ter mais oportunidades as locais nos pes de Hele, Palo e Cris Rodriguez pero non foron quen de atinar a marcar. Sen embargo todo trocou no minuto 68 nunha xogada a priori sen perigo, balon que recibe Paula pegada a liña de banda de Preferencia, tira e o balon entra pola escadra da porteria de Barbi. As locais acusan o golpe e pasan 5 minutos de agobios.

Tivo unha ocasión moi clara o Rúa nun remate dentro do area que petou no traveseiro e que reclamaron como gol. A sentenza chegaria nun corner que sacou en corto o equipo local, continuou nun centro ao area e un cabezazo de Cris Rodriguez ante o que nada puido facer a gardarredes visitante. Era o 3-1 que sentenzaba o partido e daba paso a unha festa nas bancadas e no campo.

 

Remate da tempada nun partido con gran número de espectadores a pesares da hora e do calor reinantes en Ourense que coroa as rapazas da UD Ourense como campioas da 1ª Copa Diputación na categoría feminina.