Catro vitorias e dúas derrotas. Este foi o balance das seleccións galegas no Torneo do Salnés, no que se enfrontaron coas seleccións asturianas, nunha xornada con moito público nas bancadas para animar aos equipos galegos, onde participan tres Ourensanas do Nova Xestión Pabellón, que tiveron un papel destacado nos seus equipos, e aportaron varios goles as súas seleccións.

Esta presenza nas tres categorías femininas, e un pasiño mais para o bo traballo que se esta a realizar nas categorías base do Nova Xestión Pabellón, sobre todo na feminina, que esta a colleitar varios éxitos.

Son un reflexo para o futuro do balonman en Ourense, que os nenos/as vexan que existe, que se traballa ben, e que se pode chegar a selección co bo traballo que están a adicar os adestradores do clube, sobre todo Zarra, que é o encargado da parte feminina.

Infantil feminino: Galicia 15 – 17 Asturias (5-10, descanso)

A selección galega infantil feminina, donde participa a Ourensana Maria Gonzalez do Nova Xestión Pabellón , comezou o partido con menos intensidade do habitual e moitos nervios, o cal tivo un claro reflexo no resultado, xa que as asturianas puideron aproveitar estes erros e adiantarase no marcador (5-10).

Na segunda metade houbo un cambio de actitude nas minigalaicas, polo que frearon o ímpetu das asturianas, que chegaron a ter unha vantaxe de 7 goles. Así, as rapazas de Carla Abad foron recortando distancias ata quedar a só dous tantos das visitantes, dos cales tres foron da Ourensana María, nunha boa segunda metade.

Galicia: Alba Alfonso, Yaiza Alonso, Lorena Vaello (4), Helena Sánchez, Lucía Villamarín (3), Lucía Álvarez (2), Mariam Mera, Claudia Peña, Carla Vidal (1), Mara González, Naira González (1), Noelia Solla (1), Carla Baltasar, María González (3), Athenea Barreiro e Aroa Patiño.

Parciais: 3-4, 3-6, 4-7, 5-9, 5-10 (descanso), 7-12, 8-13, 10-16, 11-16, 15-17 (final).

Cadete Feminino: Galicia 29 – 27 Asturias (17-14, descanso)

Na primeira parte Galicia, na que se encontra nas suas filas a Ourensana Verónica de Cristofaro, do equipo ourensan Nova Xestión Pabellón, sempre foi por diante no marcador, aínda que non conseguía despegarse del todo, acadando unha máxima renda a favor de catro tantos, aínda que cando cometían erros en ataque, Asturias lograba achegarse. Ao descanso 17-14.

Un mal inicio de segunda parte, con demasiadas perdas de balón, fixo que Asturias conseguise darlle a volta no marcador (18-19). A partir de aí, as galegas volveron controlar o xogo e lograron remontar e poñerse por diante cunha vantaxe de 2-3 tantos, que mantiveron ata o final.

Galicia: Marta da Silva, Area Martínez, Adriana Mallo (4), Antía Estévez, Sara Román (6), Sabela Abalde, Silvia Leiras (4), Vero de Cristófano, Antía Seijo, Laura Magdaleno (4), Sabela Miniño (3), Paula Gómez (3), Ithaisa Trigo (1), Ana Benavides (1), Carme Castro (3) e Adriana Ayude.

Parciais: 2-2, 5-5, 8-8, 11-8, 14-10, 17-14 (descanso), 17-17, 18-19, 23-21, 24-21, 26-25 2 29-27 (final).

Xuvenil feminino: Galicia 27 – 22 Asturias (17-12, descanso)

Bo partido da selección galega que conta coa Ourensana do Nova Xestión Pabellon, Sandra Sánchez contra Asturias, no que a defensa das locais foi decisiva para acadar a vitoria final. As rapazas de Javier Luengo saíron moi serias no traballo defensivo (6:0) e así conseguían pechar as penetracións das asturianas.

A magnífica defensa xunto aos rápidos contraataques permitiron ás galaicas escaparse no marcador (ata os seis goles), logrando pechar a primeira metade cun 17-12 a favor.

Na segunda parte o conxunto celeste dominou e controlou as rendas no marcador para terminar o choque cun 27-22 final, con un gol da Ourensana.

Galicia: María Groba (2), Marta Groba (3), Raquel Sineiro (4), María Pereira, Lara Docampo (3), Ángela Rodríguez (6), Sara Estévez, Sandra Blanco (2), Uxía Ferreiro, Uxía López (1), Sarai Espiñeira, Aitana Santomé (1), Sandra Sanchez (1), María Álvarez, Begoña Otero, Andrea Fernández (4).

Parciais: 4-2, 7-3, 11-6, 11-9, 13-10, 17-12 (descanso), 19-12, 22-15, 22-17, 23-19, 25-21, 27-23 (final).

 

Este torneo serviu como preparatorio para o campeonato de España, donde as tres Ourensanas, loitaran polo CDE, nas suas categorías correspondientes.

 

Comentarios