As féminas da UD Ourense recuperan postos de ascenso ante o Rápido (0-5)

0

 

Nova victoria das rapazas da UD Ourense, esta vez no campo do Rápido de Bahía, que permite recuperar un dos postos de ascenso debido á xornada de descanso do Rácing Vilariño

 

Rápido Bahía: Alicia, Ana, Andrea (Tania 70′), Lara, Emma, Alejandra, Inma (Andrea 72′), Sofía (Carolina 52′), Isabel (Jennifer 64′), Carmen, Raquel (Ariadna 46′).

UD Ourense: Sarita, Ile, Maria, Pacy, Nina, Alba, Cris Rodriguez, Noe (Alba Delgado 66′), Lola (Cris Pumar 72′), Palo(Sara 75′), Hele

Goles:

0-1 Cris Rodríguez min 20; 0-2 Lola min 30; 0-3Cris Rodriguez min 40; 0-4 Lola min 66; 0-5 Sara min 89.

Árbitro:Antonio Garrido. Cartóns vermello a Ana min 39.

Incidencias: partido correspondente a 22ª xornada do Grupo Sur da Segunda Autonómica disputada no campo de San amaro en Aldán.

 

 

 

A primeira metade tivo un comezo e toma e daca na que os dous equipos dispuxeron de ocasións nos primeiros dez minutos para abri-lo marcador, as locais en dúas accións a balón parado que detivo Sarita e as visitantes por medio de Noe e de Hele que ben puideron ser gol. A partir do minuto 10 o control foi visitante a pesares de que o campo non axudaba moito ao xogo e se facía moi difícil controlar o bote do balón. O primeiro tanto chegaría de falta directa executada por Cris Rodríguez no minuto 20.

As locais adiantaron liñas e buscaban con balóns longo á súa dianteira, unhas das máximas goleadoras da categoría, pero que foi ben defendida por Pacy e Nina. No minuto 30 despois dunha fermosa xogada que comezou na defensa, Lola facía o 0-2 tras centro dende a banda dereita de Noe. As chegadas visitantes seguían producíndose ata que no minuto 39 Hele baise de dúas xogadoras e cando se dispón a tirar dentro do área e derrubada pola xogadora local Ana. Penalti e expulsión que derivou no 0-3 obra outra vez de Cris Rodríguez.

 

O segundo tempo foi un pouca máis do mesmo, pero as saídas locais eran cada vez máis contadas e os seus riscos maiores ao poñerse con defensa de tres e deixar en ataque tres xogadoras. Houbo numerosas ocasións vistantes que non cristalizaron ata o minuto 66 no que Lola foi a máis lista e anticipouse á porteira local. O ritmo de aquí ao final decaeu e só se viu alterado polo 0-5 no minuto 89 obra de Sara.

 

Tres novos puntos que suman as ourensanistas que volven ao segundo posto. O vindeiro domingo cita no Monte da Aira fronte ao Arousana B, único equipo que conseguiu gañarlles