As féminas da UD Ourense gañan a un combativo Rápido de Pereiró (3-0)

0

 

Primeiro partido do ano na casa e derradeiro da primeira volta o que disputaron as rapazas da UD Ourense na matinal do domingo cunha incesante choiva que non impediu que as locais acadasen unha nova victoria realizando un gran partido

 

UD Ourense: Bermejo, Ile (Alba Doallo 73′), Maria, Pacy, Lola, Moni (Tania 84′), Nina, Noe, Hele, Palo, Yani

Rápido de Pereiró: Araceli, Yanira, Cae, Isabel, Silvia (Soraya 58′), Doa, Sara, Maria (Olalla 54′), Laura, Raquel, Nerea (Raquel 58′)

Goles: 1-0 Yani min 57

2-0 Palo min 62

3-0 Hele min 86

Árbitro: Abraham Perez Dapia. Carton Amarelo a Araceli no 25

Incidencias: partido correspondente a 17ª xornada do Grupo Sur da Segunda Autonómica disputada no campo do Monte da Aira en Velle. 

 

 

 

As rapazas da UD Ourense seguen con paso firme e mirando as demáis desde o mais alto da taboa, desta vez tras gañar ao Rápido de Pereiró, que se amosou como un equipo moi ordeado sobre o campo, sen perder en ningún momento a colocación e no que destacou por riba de todas a sua porteira Araceli, que demostrou ser xogadora doutra categoria.

UD Ourense
UD Ourense

Dende o pitido inicial as locais impuxeron un ritmo moi alto de partido, o campo aguantou perfectamente as inclemencias meteoróloxicas e permitiu as locais facer o que mellor saben: un fútbol combinativo. Non houbo goles nesta primeira metade, unhas veces o pao como un remate de Noe dentro do area pequena, outras a falta de punteria nas numerosas chegadas e sobre todo a laboura da porteira visitante fixeron que se vivira algo inédito na casa: chegar o descanso sen marcar gol.

Especialmente meritoria foi a parada realizada pola porteira ante un remate de cabeza despois dun centro de Noe pola banda dereita ao segundo pao, que rematou Hele de cabeza picado a cepa do poste, e que cando todo o mundo cantaba o gol apareceu a parada prodixiosa da porteira visitante, sencillamente espectacular a intervención. As visitantes só se achegaron o campo rival nun par de faltas lonxanas.

 

Rápido Pereró
Rápido Pereró

A segunda metade non variou en nada o guión. Control de xogo das locais e moito orde e sacrificio nas visitantes. A lata abriuse no minuto 57, pase entre as centrais de Palo que recolle Yani e cruza ante a saida a desesperada da porteira. Cinco minutos mais tarde marcaría o segundo Palo, balón que recolle preto da frontal do area, golpeo e gol. Era o gol da tranquilidade. As locais non baixaron o ritmo e só concederon unha oportunidade nunha perda na saida do balon que rematou cun tiro dende a frontal que enviou a Bermejo a corner. O derradeiro gol chegou nunha xogada persoal de Hele. Colleu o balón na banda esquerda foise de tres rivais, entrou no area e puxo o balón na esquedra dereita. Era o minuto 86.

O vindeiro domingo novo partido na casa, primeiro da segunda volta ante o San Mateo, que esta situado na metade da taboa con 19 puntos.

 

Fotos: @yedra_morata