Arosa SC 1-1 UD Ourense | Reparto de puntos nun partido intenso

0
Foto: Carlos Domarco

Ficha Técnica
Arosa SC: Manu Táboas, Javi Fontán (Adrián 82′), Coti, Raúl Martiñán, Pacheco, Trapero, Javi Otero, Manu Rodríguez (Jorge Sáez, 71′), Pedro Beda, Rober e Suso (Iago Martínez, 71′).

UD Ourense: Ángel Díez, Gabi Sanín, Alfredo, Pablo Corzo, Germán, Manu Blanco (Vito 46′), Isi (Rubén Arce, 65′), Champi, Marquitos (Iago Blanco 82′), Rubén Durán e Tiago.

Goles: 1-0 Pedro Beda, min 50; 1-1 Pablo Corzo min 55.

Árbitros: Diego Veloso Blanco, auxiliado nas bandas por José Alberto Lorenzo Álvarez e Alejandro Vieitez Balnco do colexio de Vigo. Sacou trasteas amarelas a Pacheco, Manu Rodríguez e Javi Fontán do Arosa; e a Alfredo e Manu blanco por a UD Ourense.

Incidencias: partido da Xornada 21 do Grupo I da Terceira División disputado no estadio Vilaxoán por mor das obras da Lomba.

 

Partido vibrante, intenso e atractivo para os siareiros congregados no Estádio de Vilaxoán, moitos deles chegados dende a cidade de As Burgas. No minuto 12 rompía as hostilidades Rubén Durán con un disparo dende lonxe que se vai fora. Pouco despois virian as ocasións  máis clara dos ourensáns nesta primeira parte, Durán sacaba unha falta o segundo pao da meta de Manu Táboas que remata Marquitos para que o esférico se pasee por a liña de fondo antes de ser despexado por un defensa.

No minuto 19 chaguaría unha nova ocasión clarísima por medio de Isi pero o seu remate de cabeza e salvado milagrosamente por Manu Táboas co pé. Cerca do minuto 30 Ángel lucíase ante Javi Otero despexando o seu intento de vaselina. Chegábase o descanso co empate inicial.

 

Tras o paso por vestiarios os locais golpeaban tras un saque de esquina que Pedro Beda enviaba o fondo das redes ourensanistas no minuto 50. Pouco despois Pablo Corzo poñía de novo as táboas no marcador tras marcar coa axuda dun defensa local tras unha falta botada por Durán. Viti estivo a punto de darlle a volta o marcador con remate de cabeza q se vai fora por pouco.

No muno 64′ Pedro Beda obligaba a Ángel a lucirse de novo enviando o seu remate a córner. No 69 tivo Marquitos o levar os tres puntos a Ourense pero a súa vaselina non atopa a porta de Manu Táboas, que fixo outro paradón no 85′ nun libre directo de Alfredo evitando así a victoria ourensanista.

 

Con este punto o Arosa SC segue cuarto, en postos de playoff, con 36 puntos tres máis que a UD Ourense, que está en sexto lugar tras o Fabril. A semana que ven o Arosa rende visita  o CD Estradense e a UD Ourense recibe no Couto ao CD Pontellas.