[alert type=”success”]

Arcadia: Silvia, Irene, Paula, Adriana, Raquel, Maria Estevez, Ana, Lucia, Carmen, Eva, Maria Alvarez (Alba 62′)

UD Ourense: Noelia, Maria, Andrea (Ches 46′), Pacy, Lo , Moni, Dana, Aida (Cae 73′), Hele, Cris (Palo 62′), Zaira (Laura 46′).

Goles: 0-1 Moni min 30, 0-2 Pacy min 71.

Árbitro: Marcos Campo Rosales. Carton amarelo a Raquel (76′) e Irene (79′) no Arcadia e a Pacy (81′) no UD Ourense.

Incidencias: partido correspondente a 19ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo do Salgueirón (Arcade).

[/alert]

 

A primeira metade tivo duas partes diferenciadas. Os primeiros 25 minutos o partido non tivo control, o estado do terreo de xogo, a presión das locais acuciadas pola clasificación e as interrupcións impedían que o xogo tivera continuidade. Ainda así os poucos achegamentos as áreas foron visitantes, case sempre a balón parado. Na enésima falta chegaría o 0-1 no minuto 31. Balón que colga Cris dende a esquerda e Moni marca de cabeza. A partir dese intre as visitantes tiveron varias ocasións antes de irse ao tempo de lecer. Unha dobre, primero de Hele que rexeitou a gardarredes e no rexeite Zaira, outra de Dana nunha xogada persoal q se marchou fora por un chisco e na derradeira xogada do primeiro tempo noutro xogada a balón parado o esferico caelle a Lo pero o seu tiro vaise ao longueiro.

 

A segunda metade comezou con trocos nas visitantes. Destacar a reaparición da gardarredes Ches, que xogou de lateral toda a segunda metade. O partido continuou a ser unha sucesión de faltas, saques de banda e de saques dende o curruncho que restaron continuidade ao xogo. As locais recurrían a continuas faltas para cortar o xogo, sendo Hele obxecto dun gran número delas. A primeira ocasión foi para as visitantes nun remate de cabeza de Aida tras un saque dende o curruncho que se foi fora por pouco.

Tivo unha oportunidade o equipo local nun balón colgado que se saldou cun frouxo remate de cabeza que rematou en saque de curruncho ao esbararlle o balon a Noe. Pasou a xogar Laura de dianteira e suas serían as mellores ocasións do partido, ata catro veces se plantou soa diante da porteira pero a fortuna non a acompañou. Despois dun remate de Aida de cabeza que a porteira local enviou a saque dende o curruncho chegou o segundo gol. Saca Palo, a porteira local ao tentan despexar choca cunha defensa e o balon caelle a Pacy que marca de cabeza. Era o minuto 71. De aquí ata o remate faltas e mais faltas, e 3 ou 4 contras claras das visitantes que non tiñan a punteria afinada.

 

Victoria para as rapazas da UD Ourense que ven como se manteñen as distancias coas de arriba. A vindeira semana toca novo partido a domicilio contra o San Miguel.

 

Comentarios