Viaxaban os senior do balonman pabellon a Viveiro para xogar a terceira xornada da Liga de 1 autonomica. Iban os ourensans, con ganas, de que ao tercer intento, chegara a ansiada vitoria.

Comezaron os de Victor Novoa cunha fantástica primeira metade no Municipal de Viveiro. Os ourensáns, plagados de baixas, rozaron a perfección en defensa que permitía que o equipo puidese correr. Imprimiulle un ritmo ao encontro, que os da Mariña non eran capaces de seguir, ata chegar ao descanso cun 8-16. No segundo acto, os lugueses subiron a intensidade e baixaron o ritmo os ourensans, o que fixo que pouco a pouco foran os de Viveiro recortando distancia.
A pesares diso, os pabellonistas non lle perderon a cara ao partido e non permitiron que se achegasen a menos de dous goles, como o resultado final que foi de 25-27, o que fixo que os dous puntos viñeran para As Burgas. Este sabado as 16:30 intentarán repetir exito contra o Seis do Nadal, diante da aficion ourensana, pero esta vez, no pavillon de Oira. Ao remate do partido,  serano equipo senior feminino o que loitada contra un dos favoritos este ano na loga galega, o Asmubal Meaña as 18:30 no polideportivo de Oira.
Nota de prensa del Balonmán Pabellón