Alex Vidal (Natural Sport Riveira) ten xenes de campión. Hoxe logrou en Bari o seu cuarto campionato de Europa e novamente na final veuse as caras ante o seu máximo rival, o francés Bopha Kong, ao que superou no punto de ouro.

Foi un combate con moitas alternativas. No primeiro asalto, Alex comezou gañando moi cómodo (8-1) e no segundo mantivo una distancia importante, pero no terceiro todo cambiou e o francés logrou poñerse por diante nos instantes finais (10-14). Pero volveu aparecer o campión que ten dentro e nestes últimos segundos Alex logrou remontar para forzar o punto de ouro cunha acción maxistral de xiro. No punto de ouro, unha acción directa dende atrás coa esquerda deulle a Vidal o cuarto título de campión continental.

Antes, nos cuartos de final, eliminou ao deportista tailandés, ao que foi vencendo de forma clara durante todo o combate, aínda que nos instantes finais se apertou en exceso. Na semifinal, finalmente non tivo que competir ao quedar descualificado o seu contrincante, un ruso, por unha acción antideportiva nos cuartos.

Falta por confirmar a clasificación de Alex Vidal para os Xogos Paralímpicos. En principio, por puntuación, o noso deportista conta cos puntos necesarios, pero falta a ratificación do Comité Paralímpico.

Nota de prensa de la Federación Gallega de Taekwondo