Foto: Sergio Mazuelas

 

O ala-pívot do Peixegalego Alejandro Mazaira foi intervido cirurxicamente ao longo desta tarde dunha doenza abdominal que lle obrigará a estar fóra das canchas de xogo durante as próximas semanas, segundo informaron os servizos médicos do club marinense.

A evolución  despois da operación será a que determinará o prazo de regreso do xogador ourensán á actividade, aínda que se agarda que poida obter a alta médica nun período de tres semanas. O xogador foi operado no Centro Hospitalario de Ourense.

A baixa supón un importante contratempo para o equipo de Marín, non só pola calidade do xogador, senón canto a número de efectivos para as sesións de adestramento e para os partidos.

Os compañeiros de Mazaira intentarán conseguir a primeira vitoria da temporada contra o Guipuzcoa o próximo sábado para adicarlla ao seu compañeiro.

O partido fronte á potente escadra donostiarra levarase a cabo na Raña, o sábado ás 20.00 horas, coas cámaras de Televisión de Galicia como testemuñas.