• A xogadora do Conservas Orbe Porriño disputará co conxunto nacional dous encontros amistosos fronte a selección de Francia

O seleccionador español Imanol Álvarez ofreceu a lista das xogadoras en idade júnior, que foron convocadas para a disputa dun dobre compromiso fronte a selección gala os días 27 e 28 de setembro en Francia. Nesta convocatoria aparece novamente a galega Aitana Santomé, que xa é unha das habituais entre as internacionais desta categoría.

As xogadoras deberán presentarse na residencia Joaquín Blume de Madrid o 22 de setembro para realizar xornadas de adestramento ata a data fixada dos amistosos.

Nota de prensa de la Federación Gallega de Balonmano