Nota de prensa de la Federación Gallega de Balonmano

Adriana Mallo (Gráficas Lasa Carballal) foi convocada para a disputa coa selección española do Campionato de Europa Xuvenil Feminino, que se celebrará en Eslovia no mes de agosto

A Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán comunicou a convocatoria do seleccionador nacional Alfredo Rodríguez, tanto para a preparación como para a disputa do Europeo, que terá lugar en Celje do 1 ao 11 de agosto. As Guerreiras Xuvenís están encadradas no Grupo A xunto a Noruega, Suecia e Croacia.

Antes de participar na cita continental, a selección española disputará o Festival Olímpico da Mocidade Europea ( FOJE) de Bakú 2019 do 21 ao 27 de xullo.