Acto de agarimo e recoñecemento a Fran Teixeira en Vigo

0

Acto de agarimo e recoñecemento a Fran Teixeira, celebrado na sede da Deputación en Vigo, pola súa traxectoria e o seu traballo na área de Deportes da institución provincial.

No acto participaron representantes da Federación Española e Galega de Balonmán, directivos doutras federacións deportivas, responsables das Deporte Escolas da Deputación, clubs que adestrou da provincia, xogadores e ex xogadores dos seus equipos e representantes do xornalismo deportivo.

Entre outras persoas interviñeron: Pasqui, actualmente seleccionador do Dinamo de Bucarest; Manolo Cadenas, adestrador da Selección de Arxentina e do Ademar de León; Valero Rivera, adestrador da Selección de Qatar; José Javier Hombrados, ex Porteiro do Teucro e da Selección Española de Balonmán; Juan José García «Cota», médico da Selección Española de Fútbol; Pedro Posada, ex xogador do Octavio; Javier Mate, ex xogador do Celta de Vigo; Pedro Posada, ex patrocinador del Pilotes Posada; Francisco Blázquez, presidente da RFEB e Bruno López, presidente da Galega e Ramiro Losada, ex presidente da FGB.

Ao remate do acto, Carmela Silva, presidenta da Deputación, entregou a Fran Teixeira, que estivo acompañado da súa familia, unha Camelia conmemorativa e unha fotografía enmarcada.