Acordo da SD Compostela con Adidas e Fútbol Emotion

Convértense en provedores oficiais da SD Compostela desde este 1 de xullo de 2021 para as próximas dúas tempadas.

0

 

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2021.- A Sociedade Deportiva Compostela asinou un acordo de patrocinio coa prestixiosa marca de roupa deportiva Adidas e o maior distribuidor de fútbol do Sur de Europa, Fútbol Emotion, para as próximas dúas tempadas. A compañía multinacional alemá vestirá ao primeiro equipo e á canteira, converténdose así no provedor oficial da entidade branquiazul.

A alianza entre as entidades esténdese para as próximas dúas campañas, un vínculo que arrinca este 1 de xullo. Froito diso, os novos produtos Adidas da SD Compostela estarán dispoñibles, dende hoxe mesmo, na Tenda Oficial da SD Compostela, na Rúa da Raíña, así como na tenda online do club (https://www.sdcompostela.com/tienda-on-line/) e, proximamente, tamén na plataforma de Fútbol Emotion (https://www.futbolemotion.com/).

O Compos súmase así á impresionante lista de clubs de fútbol Adidas, na que están equipos como o Real Madrid, o Manchester United, o FC Bayern, a Juventus ou o Arsenal, así como seleccións de todo o mundo como España, Bélxica, Alemaña, Suecia, Arxentina, Colombia, México, Alxeria ou Xapón.

Trala firma do acordo, coñeceranse os novos deseños das equipacións da SD Compostela para a Tempada 2021/22.