O Pescados Rubén Burela FS acaba de pechar o acordo co internacional brasileiro Alexandre Rodrigues Canha (Recife, 1987), «Pixote», como segundo reforzo do conxunto laranxa para 2020.

O ala, procedente do Copagril e que tamén conta con experiencia no futsal ruso, ten prevista a súa chegada á Mariña a mediados de mes, para incorporarse á dinámica de traballo de Juanma Marrube.