Abre a primeira academia de estudos da SD Compostela

Está dirixida por Manu Otero e ofrece clases para nenos de 9 a 18 anos nas Cancelas.

0

Santiago de Compostela, a 8 de Decembro de 2020.- A primeira academia de estudos da Sociedade Deportiva Compostela xa é unha realidade. Situada nas Cancelas (Rúa das Cancelas, 111), o centro, que dirixe Manu Otero, ofrece clases de reforzo de luns a venres para os nenos e nenas do club e dos equipos conveniados, así como para todos aqueles menores que o desexen.

Destinado a menores de 9 a 18 anos, as clases están divididas en grupos reducidos, de seis alumnos aproximadamente, para ofrecer reforzo en todas as materias de Primaria, ESO e Bacharelato.

Aínda que durante o curso escolar as clases se levan a cabo desde as 16.00 ás 21.00 horas (con adaptación aos adestramentos dos nenos e nenas), agora, durante as vacacións do Nadal, impártense en horario matinal.

A maiores, hai unha profesora de inglés que tamén prepara aos alumnos para os exames oficiais de nivel A1, A2, B1, B2 e C1.

Para inscribirse, todos aqueles que o desexen poden pedir máis información ao propio Manu Otero no teléfono 626063705 ou no correo electrónico academia@sdcompostela.com.

Os fillos ou fillas de abonados ou abonadas do Compos, así como dos clubs conveniados, teñen un 10% de desconto nas cotas.