Aberta a inscrición para unha nova edición do «Correndo por Ourense»

0

 

 

[alert type=»success»]

O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” propón para 2017 seis novas citas co deporte percorrendo os barrios da cidade

[/alert]  

 

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza unha nova edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”, que convida a veciños e veciñas de Ourense de todas as idades a gozar do deporte correndo polos barrios da nosa cidade, de xeito lúdico ou competitivo.

 

O certame chega en 2017 á súa sétima edición, na que lle dá continuidade ao calendario de 2016, con 6 probas, todas en horario de mañá, a partir das 12,00h nas categorías de menores de idade e as 12,30 horas coa proba de adultos), agás a do Couto, que será nocturna (desde as 22,00h, con saída ás 22,30h na proba de adultos):

 

  • Domingo, 23 de abril: Carreira do Vinteún
  • Sábado, 20 de maio: Carreira do Couto, que será nocturna
  • Domingo, 25 de xuño: Carreira do Corpus, polo centro da cidade
  • Domingo, 3 de setembro: Carreira da zona universitaria
  • Domingo, 24 de setembro: Carreira da Ponte
  • Domingo, 22 de outubro: Carreira da Carballeira

 

Inscrición

As inscricións poderanse realizar desde as 0:00 horas de mañá, xoves, a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes www.deportesourense.com. O prazo remata o mércores anterior a cada carreira, e vólvese abrir ao luns seguinte.

 

A inscrición no circuíto ten un custe de 7 euros (para as 6 carreiras) nas categorías junior, promesa, sénior e veteranos. Nas restantes categorías é gratuíta. Unha parte da inscrición irá destinada a un colectivo social.

 

Poden participar atletas federados e non federados. Haberá novamente as categorías pitufos (ano 2011 e posteriores), benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, sénior (1994 e anteriores), e veteranos, en 4 categorías; de 35 a 44 anos, ata 54, ata 64 e maiores de 65. A inscrición e dorsal son únicos para todo o circuíto.

Esta actividade está organizada polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensá de Atletismo, o Club Ourense Atletismo, o Club Deportivo Aurum e a Asociación de Veciños Carlasca.