A UD Ourense retira o sea equipo femenino da 1ª Autonómica aducindo principalmente a falta de xogadoras: «Lamentamos comunicar a retirada do equipo feminino da 1a Autonómica. O motivo é a falta de xogadoras para completar un equipo que poida competir no campionato de liga. A pouco máis de dúas semanas do inicio da competición tan só contábamos con 13 xogadoras, un número claramente insuficiente para facer fronte a un campionato tan esixente como a 1a Autonómica.» rezaba o comunicado.

Dende o club non se olvidan do traballo e esforzos realizados por Rubén García e o seu corpo técnico os cales eles agradecen a constancia e dedicación destes anos: «Agradecerlle o seu traballo e implicación a Rubén (adestrador estas tres tempadas), Jaboco (segundo adestrador as dúas primeiras), Rafa (delegado as dúas primeiras tempadas) e Adolfo (delegado e masaxista na pasada tempada). Sobre todo destacar a labor e implicación de Rubén, que foi máis alá da labor propia dun adestrador, e sen o cal este proxecto non tería comezado.»

Tampouco se olvidan dos patrocinadores e colaboradores destes anos: «Tamén agradecerlle o seu apoio aos patrocinadores do equipo estas tempadas: Lisardo Dorribo (patrocinador principal as dúas primeiras tempadas), Cervexaría Áncora, Cafetería J&J, Pub Symbol e TAR (patrocinador principal a pasada tempada).»

E por suposto palabras de agradecimiento as principais implicadas, as xogadoras: «darlle as grazas as xogadoras que durante estas tempadas defenderon e levaron con gran dignidade o nome da Unión Deportiva Ourense e de Ourense por toda Galicia. Desexámoslle a todas elas o mellor deportiva e persoalmente.»

Dende a UD Ourense lamentan a flata doutros apoios necesarios para levar adiante un proxecto desta magnitude dun xeito máis solvente: «Lamentar a nula axuda do Concello de Ourense para co equipo feminino, a pesares de ser o único equipo feminino do concello, e tamén a da Asociación de Empresarias e Profesionales da Provincia de Ourense (AME), dúas institucións das que só recibimos boas palabras.»