Logo de ir perdendo 0-2, os de Antonio Dacosta dánlle a volta ao marcador ante o Arrabaldo en 22 minutos para ascender a Primeira Autonómica

 

FICHA TÉCNICA:

U.D. Ourense (3): Samuel, Lucas Nieto (Adrian 60´), Tito, Xurxo, Senen, Omar, Xaco, Diego Soto (Julio Martinez 74´) , Roberto Dacosta (Julio Salgado 49´) Cristian y Unai (Otero 46´)

SDC Arrabaldo (2): Alberto, Noel (Javi 80´), Brais, Trigo, Manu, Sabucedo, Paco (Andres 82´), Pascual (Eloy 77´), Pica, Penin y Otero.

Árbitro: Borja Medina, con Alex Mazaira y Carid. Amonestó al local Roberto Dacosta (41´), Omar (60´), Unai (38´) y a los visitantes Alberto (17´) y Sabucedo (41´)

Goles: 0-1 Pascual (26´), 0-2 Pica (48´), 1-2 Cristian (66´), 2-2 Julio Salgado (73´), 3-2 Julio Salgado (88´)

Campo: O Couto , Alrededor de 1200 espectadores.

Partido onde os locais coa vitoria podía ser de Primeira Rexional gañando, e o Arrabaldo tiña que gañar para seguir nos postos altos da táboa, para tentar dar o salto de categoría. A primeira ocasión clara do encontro sería para Omar, desde fóra do área, onde a súa rosca deteríaa Alberto mandándoa a córner. Minutos mais tarde, Senen de falta probaría ao porteiro local, pero detendria o seu disparo.

Julio Salgado salió desde el banquillo para marcar dos goles que valieron el ascenso
Julio Salgado salió desde el banquillo para marcar dos goles que valieron el ascenso

A réplica foi de Pica, aos 9 minutos, onde Samuel detería o disparo. Minuto 20, pase de Omar a Unai dentro do área, que de cabeza se lle vai por pouco alto. Minuto 26, chegaría o primeiro gol dos visitantes, rexeite que lle cae dentro do área a Pascual, para que marcase o 0-1. No minuto 31, Cristian entraría dentro do área e no man a man volvería deter Alberto. Con este resultado chegaríase ao descanso.

O segundo tempo empezaría coa entrada de Otero por Unai. Aos tres minutos deste periodo, o Arrabaldo faría o segundo, esta vez de Pica, onde poñía as cousas moi difíciles para os locais, que terían que gañar para o ascenso matemático. Otero, puido facer o terceiro dos visitantes, pero o seu disparo vaise por moi pouco. Xullo Salgado puido facer o 1-2, logo dun gran centro de Xaco, pero o seu remate non consegue porteria.

De novo o Arrabaldo, por mediación de Pica, puido aumentar a vantaxe, pero Samuel gañaríalle a partida e mantería o 0-2. O gol da tarde, e un da tempada sería para Cristian, que desde mais de 20 metros, dispara desde fóra do área, collendo unha parábola perfecta, para que Alberto só poida visualizar como entraba na portería. Era o 1-2, e o Couto ruxía e cría na remontada. Xullo Salgado, faría o empate poucos minutos despois, onde de disparo raso marcaba a Alberto.

UDO Ascenso 3-2 Arrabaldo _7 copiaDe novo, no minuto 80, Salgado puido facer o terceiro, pero o seu disparo iríase alto. O estallido de mais de mil acodes, chegaría no minuto 88, pase en lardo de Omar, onde Xaco cabalga por banda dereita, ante a saída de Alberto, intenta a vaselina, que se queda curta, onde lle dá tempo a chegar a Salgado para que culmine a remontada. 

Cos dous equipos que o deron todo nos 90 minutos, chegaría o final, onde habería invasión de campo, onde os locais, conseguían outro ano mais outro ascenso, onde este equipo, esta directiva e con esta afección chegarán seguro a donde o defunto CD Ourense deixárono falecer.

Esta claro quen manda na cidade, a masa social está aí, os apoios dos afeccionados móstranse xornada tras xornada, xoguen na casa ou fóra, quen manda é o pobo, e neste proxecto de fútbol popular que crearon os socios e fundadores da UD Ourense, que realmente son os donos deste club. Mais de 1.200 socios e mais de 1.200 afeccionados gozaron deste ascenso a 1º Autonómica esta tarde do domingo. Próximo obxectivo a Preferente. 

Próxima semana a UD Ourense, xa sendo equipo de 1 Autonómica, xogará fronte ao Covadonga.