A UD Ourense presenta este xoves a sección de deportes electrónicos do club

0

 

Unha nova sección ve a luz baixo o auspicio das cores e o escudo da U.D. Ourense. Despois da creación das seccións masculinas, femininas e de base chega a hora de enrolarse nos deportes electrónicos, unha nova tecnoloxía en auxe e que conta con numerosos clubs profesionais de fútbol en toda España e tamén todo tipo de agrupacións. De esta forma o nome do club gañará visibilidade a nivel nacional, difundindo máis todavía as nosas cores.

A creación de esta sección foi aprobada na Asemblea Ordinaria de Socios, celebrada o pasado martes, quedando incluída a mesma dentro do organigrama do club.

 

¿En que consiste a sección electrónica?

A U.D. Ourense eSports é unha nova sección dentro do club, que competirá a nivel profesional en campionatos nacionais baixo o noso escudo e nome. Serán 3 as modalidades iniciais nas que participarán os nosos xogadores.

  • – League of Legends: O principal xogo de deportes electrónico do mundo. Un videoxogo de estratexia en formato multixogador online que enfronta a dous equipos de cinco xogadores, no que cada un manexa un personaxe.

  • – Overwatch: Tratase dunha modalidade de disparos, na que dous equipos de seis xogadores compiten pola vitoria en distintos modos de xogo.

  • –  FIFA: O simulador de fútbol máis famoso e vendido da historia. O formato elixido polo club é o de 11 contra 11, formato na que cada xogador dirixe a un único futbolista sobre o terreo de xogo, enfrontándose a outros equipos.

 

A sección conta con tres encargados, que dirixen cada unha das modalidades. Alejandro Domínguez e Penélope Dacasa, directores da sección, encarganse da xestión xeral e das modalidades de League of Legends (LoL) e Overwatch, para as que xa se fixo un casting de xogadores, que pasarán a formar parte do clube. Na área de FIFA, o encargado é Jose Luis Mancebo. Tras o evento comezarán as probas de selección para a selección dos xogadores que pasaran a vestir os colores do club.

¿Como xorde esta iniciativa?

A U.D. Ourense púxose en contacto con Alejandro Domínguez Lamela, un dos membros do grupo de investigación GEN, da Universidade de Vigo, Campus de Ourense. Domínguez, que se atopaba cursando o Máster en Xestion Empresarial do Deporte, creou un equipo universitario do máster para competir en deportes electrónicos, o que chamou a atención da directiva ourensanista, que se puxo en contacto con él.

Despois de chegar a un acordo entre ambas partes e que ademais quedou detallado na Asemblea Ordinaria de Socios e no acta da mesma, nace UD Ourense eSports.

 

¿Cando e onde se presenta e como participo?

O acto de presentación terá lugar o próximo xoves día 19 de xuño, no Centro Comercial Ponte Vella, a partir das 17:00 horas da tarde. As 18:30 presentaremos os equipos, pero antes haberá un torneo de FIFA, con inscrición previa, e un torneo de League of Legends onde se podera retar os xogadores de do club.

Na segunda planta do centro comercial Ponte Vella terá lugar un torneo de FIFA que servirá para que todos aqueles que o desexen compitan para alzarse co primeiro posto. Entre as 16:30 e as 17:00 horas estará habilitado o stand para as inscricións no torneo, que se disputará xusto despois. As inscricións realizaranse por orde de chegada, ata completar as 32 prazas dispoñibles no torneo.

Na primeira planta, fronte a Bermello, poderase retar aos xogadores do equipo de League of Legends da U. D. Ourense a un 1 vs 1. Os primeiros catro participantes que acaden o triunfo ante os representantes ourensanistas, disputaran un torneo entre eles. Os xogadores estarán de 17:00 a 18:30

 

Dende a U. D. Ourense queren agradecer a Ponte Vella Centro Comercial a cesión das súas instalacións para a celebración do evento. Tamén expresamos a nosa gratitude a Bermello, que cederá o material electrónico para a disputa dos dous torneos. Convocamos a todos os cidadáns que o desexen a que acudan e coñezan de primeira man o mundo dos deportes electrónicos.

¿Es un clásico do FIFA? ¿Xogas ao League of Legends? Pois ven demostrar as túas habilidades. Haberá premios para os gañadores. Para coñecelos, tan só tedes que estar atentos a conta de Twitter UDOesports onde iremos informando sobre todas as novas deste evento.

Foto: Xataka