A UD Ourense firma dous convenios

0

 

A UD Ourense non para na sua promoción e firma dos convenios esta semana. Un deles coa Asociación de Museiros de Ourense e o outro con IESN (Internacional Exchange Erasmus Network).

 

Dous convenios son os que vén de firmar a Unión Deportiva Ourense esta semana. Por unha banda, coa Asociación de Museiros de Ourense (AMOU), e por outra, co IESN (Internacional Exchange Erasmus Network).

 

Museiros

A primeira das sinaturas foi coa Asociación de Museiros. Nela acordaron que o 15% do diñeiro recadado pola Unión entre os museiros que se abonen irá destinado á propia asociación. E esta o asignará a reducir custes na vindeira liga de mus.

 

Erasmus

O segundo dos convenios que estableceu a UD foi co IESN (Internacional Exchange Erasmus Network).

Devandito acordo fai que os estudantes estranxeiros que veñan uns meses á cidade poderanse facer abonados da entidade unionista cun 50% de desconto.

Tamén, desde o club pretenden facelos partícipes dos distintos actos que realicen, así como ensinarlles o modelo de xestión, no que os socios son os donos do club. Algo raro nisto do fútbol.

 

Publicidade

A Xunta de Galicia tomou xa unha determinación sobre o reparto do espazo publicitario no estadio do Couto, no que xogan como locais tanto a UD como o Ourense CF.

O Goberno autonómico determinou ceder ao 50% o espazo dispoñible, de maneira que cada equipo ten asignadas unhas áreas e a publicidade que lle corresponda será retirada ao remate dos seus encontros.

Non obstante, reservarase unha zona para que sexa utilizada pola propia Xunta, o Concello de Ourense e a Deputación Provincial.