A UD Ourense fixo oficial nun comunicado o retorno de Carlos de Dios Rodríguez (Niñodaguia, Xunqueira de Espadañedo, 1992) o Couto procedente da UD Somozas. De Dios ten experiencia na categoría tras o seu paso, ademáis do Somozas, no Arenteiro e CD Barco.
O centrocampista ourensán síntese feliz por voltar á casa e poder defender as cores do club da súa cidade e espera unha boa tempada en Terceira: «Espero que sexa unha boa tempada e cumplamos os obxectivos, por traballo non vai a ser, dareino todo por esta camiseta» dixo na presentación nas oficinas da entidade ourensanista.
O xogador estaba ledo de votar o Couto: «Estou moi feliz de volver á casa, é un orgullo poder defender as cores do clube da miña cidade». Carlos de Dios espera q a situación volvámosles pronto a normalidade: «Espero que mellore pronto esta situación que estamos vivindo e podamos desfrutar todos xuntos en O Couto! Forza Ourense !