Partido no que se enfrontaban os dous primeiros clasificados da liga e do que se agardaba moito. O partido seguiu o guión dos partidos xogados pola rapazas ourensanistas no Monte da Aira: posesión de balón, control de xogo e poucas ocasións concedidas o equipo rival. |
UD Ourense: Bermejo, Ile, Maria, Pacy, Nina, Alba, Cris Rodriguez, Noe (Mónica 36′), Hele, Palo(Raquel 74′), Yani (Alba Delgado 86′) Portonovo SD: Laura Fernández, Laura Castro(Ahinoa 65′), Nicole(Bea 46′), Cristina, Laura, Paula Agín(Nerea 80′), Lucía(Carla 83′), Icia, Paula García,Yolanda, Marta. Goles: 1-0 Palo min 23; 2-0 Cris Rodriguez min 47; 3-0 Yani min 81 Árbitro: Daniel Matías. Cartóns amarelos a Nicole min 43, Hele min 57, Nina min 61. Incidencias: partido correspondente a 15ª xornada do Grupo Sur da Segunda Autonómica disputada no campo do Monte da Aira en Velle. |
O Portonovo situou de inicio unha defensa de 3 xogadoras e 5 no medio do campo tentando dificultar o xogo do equipo local na medular creando unha maraña que dificultara o xogo local. Sen embargo a primeira parte foi un monólogo local con numerosos saques de esquina, que en contra do que soe ser habitual, e dificultados polo aire, non remataron en gol. O primeiro tanto da matinal correría a cargo de Palo, tras un roubo de balón que concluiu cun tiro dende lonxe que sorprendeu a porteira visitante. No minuto 36 produciuse a entrada no campo da última fichaxe, a ex xogadora do Barbadás Mónica, que entrou no campo pola lesión de Noe. Uns minutos máis tarde tivo Yani unha moi clara ocasión tras un pase entre as centrais de Palo, pero o seu disparo petou no poste.
O segundo tempo non podía comezar mellor para as locais. Xogada que comeza dende a defensa, tocando o balón case tódalas xogadoras e finalizou cun tiro dende a frontal de Cris Rodríguez tras pase de Yani. Era o minuto 47. Pouco despois tería Yani a ocasión de facer o terceiro, ficou soa diante da porteira pero nin no primeiro nin no segundo remate foi quen de marcar. Aínda tería outra pouco despois tras unha xogada persoal que se foi fora por pouco.
Neste segundo tempo o Portonovo tentou sorprender á defensa local con balón longo cara as súas dianteiras pero a liña defensiva local estivo espectacular, concedendo tan só un par de tiros lonxanos sen perigo e algún saque de esquina botado sen perigo. O terceiro das locais chegaría no minuto 81 de penalti cometido sobre Hele que se encargou de materializar Yani. Aínda marcarían as locais un tanto máis por medio de Raquel, pero foi anulado por forz de xogo polo colexiado.
Tres novos puntos que suman as ourensanistas que agora distancian ao segundo clasificado, o Racing Vilariño en 1 punto, en 4 o Portonovo e en 5 ao Tyde.