A UD Ourense feminina trae un punto da sua visita o Deportivo «B»

0

 

[alert type=»danger»]

Deportivo B: Malena (Mercedes 46′), Laura de la Torre, Ainhoa, Laura Doce (Lucia 46′), Carmen (Karina 81′), Veronica, Monica, Laura Raña, Marta, Paula

UD Ourense: Ches, Ile (Jani 45′), Maria, Lo , Dana, Moni (Cris Pumar 89′), Hele, Aida (Noe 63′), Palo, Laura (Cae 80′), Cris Rodriguez (Pacy 45′).

Goles: Sen goles.

Árbitro: Denis Añon Salgueiro. Sen amonestacions.

Incidencias: partido correspondente a 8ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo do Ponte dos Brozos (Arteixo).

[/alert]

 

A primeira parte foi de tanteo, as locais saían coas liñas moi xuntas agardando en medio campo para roubar e tentar chegar con algunha contra e as visitantes afogábanse pola falta de espazos para xogar. A ocasión mais clara foi para as ourensanistas nun disparo de Palo que petou na madeira.

A segunda metade foi máis aberta. As locais xa non tiñan as liñas tan xuntas e apareceron os espazos. A falta de puntería das visitantes ou as intervencións da porteira local impediron que houbera algun tanto. Unha falta que disparou Palo e se atopou cunha gran intervención da porteira, un mao a mao de Laura que tentou regatear a porteira cando estaba soa e 3 ocasións das que dispuxo Hele e que se foron fora ou salvou a porteira foron as máis claras das que dispuxeron as ourensanistas. As locais dispuxeron dunha chegada nunha contra que rematou cun disparo desviado.

Novo empate para as rapazas de Rubén García que segue a resistirselle a primeira victoria fora da casa. Son sextas con 12 puntos pero con un partido menos cas 5 primeriras A vindeira xornada partido no Monte da Aira ante o Xuventu de Aguiño as 12:00 horas.

 

RESULTADOS E CLASIFICACIÓN

 

Foto: Yedra Seara