A UD Ourense Feminina deixase o liderato en Tomiño (1-1)

0

 

 

Tomiño: Veronica, Lucia (Laura 89′), Sandra, Patricia, Silva, Marga, Lucia Guerner, Anxela, Nicoleta (Karina 46′), Thalia, Nerea (Andrea 72′).

UD Ourense: Bermejo, Ile, Maria, Nina, Tania (Moni 46′), Alba, Cris Rodriguez, Noe, Hele, Palo, Alba Delgado (Sara 46′)

Goles:

1-0 Anxela min 40; 1-1 Cris Rodriguez min 55

Árbitro: Carlos Martinez. Sen amonestacions.

Incidencias: partido correspondente a 20ª xornada do Grupo Sur da Segunda Autonómica disputada no campo do Alivio en Tomiño. 

 

Unha primeira metade para esquecer, e un quero e non podo na segunda metade, resumen o acontecido o domingo no Alivio. Nunca se atoparon comodas no campo as visitantes ante un rival cunha táctica ultraconservadora e con marcas individuais de ata duas xogadoras.

A primeira metade careceu de ritmo. As locais replegadas no seu campo agardando enviar algún balón longo para sorprender e as visitantes cun ritmo de xogo moi baixo que facilitou o traballo defensivo do Tomiño. As poucas oportunidades visitantes foron desbaratadas pola porteira local. As locais so sairían do seu campo nun par de ocasións, na primeira acadaron un córner e na segunda, despois dun erro entre a defensa e a porteira vistante conseguían o gol, corría o minuto 40.

 

A segunda metade saiu máis enchufada a UD Ourense, pero as presas por marcar e a desespereación polo avance do partido impediron máis goles. As locais replegaron completamente ata montar unha linea de 7 defensas no borde da area. Sen apenas espazos para xogar o único gol das visitantes chegou cun lanzamento de falta de Cris Rodríguez no minuto 55. O partido xogouse no medio campo que defendían as locais pero cando se quixo, non se puido. Houbo tres ou catro ocasións moi claras de marcar e máis dunha ducia de saques de esquina a favor pero non se concretaron. Curiosamente nunha perda de balón a falta de 2 minutos e na única estirada local da segunda metade puideron marcar as locais, pero a sua dianteira despois dunha carreira de 40 metros nun 1×1 tirou moi desviado.

Empate que supon a perda do liderato a prol do Racing Vilariño. O proximo domingo visita o Monte da Aira o Atletico Pontevedra, un rival moi duro que xa na primeira volta deu moitos problemas