A UD Ourense Féminas segue na loita polo ascenso tras golear ao Atl Pontevedra (5-0)

0

 

UD Ourense: Bermejo, Ile (Alba Delgado 53′), Maria, Nina, Pacy, Alba, Cris Rodriguez (Nere 53′), Noe (Cris Pumar 73′), Hele (Alba Doallo 80′), Palo, Moni.

Atl. Pontevedra: Eva, Andrea, Lucia, Veronica, Almudena, Rocio, Diana, Lorena, Higinia, Fiorella, Barbara.

Goles: 1-0 Palo min 10; 2-0 Moni min 15; 3-0 Noe min 21;4-0 Hele min 26; 5-0 p.p min 83.

Árbitro: Avelino Garcia. Cartons amarelos a Veronica (min 31) e Fiorella (min 44).

Incidencias: partido correspondente a 21ª xornada do Grupo Sur da Segunda Autonómica disputada no campo do Monte da Aira en Velle. 

 

Resultados y clasificación

 

 

Reencontro coa victoria das rapazas da UD Ourense tralo empate da semana pasada. Unha primeira metade que debeu rematar con mais goles a favor e unha segunda na que o ritmo de xogo baixou.

A primeira metade foi de control total das locais. As visitantes tentaban presionar o balón adiantando liñas pero vironse superadas. O primeiro gol chegou no minuto 10, despois de varios avisos locais, nunha xogada por banda que rematou a gol Palo. O pouco Moni plantóuse diante da porteira visitante, regateouna e provocou que a porteira lle botáse a man ao balón fora da área para evitar o gol. A falta iríase fora por pouco. Os 15 minutos chegou o 2-0 nunha xogada de Moni semellante a anterior, pero neste rematou en gol. No 21 chegaría o 3-0 obra de Noe tras unha internada pola banda e no 26 o 4-0 nunha nova xogada que rematou no segundo pao Hele. Hele tería a oportunidade de ampliar a vantaxe pero rematou ao pao minutos despois. Nun saque de esquina a piques estiveron de marcar Pacy e Moni pero o balón saiu directamente fora sen que ningunha das duas rematara.

A segunda metade careceu de ritmo, control de xogo das locais pero sen profundidade, deixando pasar o tempo ata o remate. Houbo 3 ou 4 aproximacións con perigo a meta visitante, pero nin Alba Delgado, nin Palo, nin Hele atinaron, ata que no minuto 83 un centro dende dentro da área tocouno unha defensa e rematou dentro da portería visitante.

Tres novos puntos para a UD Ourense que permiten seguir na loita polo ascenso. O vindeiro domingo toca xornada de descanso antes da visita do dia 21 ao campo do Rápido de Bahía