O primeiro partido da segunda volta complicóuselle as rapazas da UD Ourense pola falta de acerto ante a portería rival e un par de erros defensivos na segunda parte que a piques estiveron de traer as táboas ao marcador |
UD Ourense: Bermejo, Ile, Maria, Pacy, Tania (Cris Pumar 65′), Palo (Alba Doallo 84′), Nina, Noe, Hele, Alba Delgado (Raquel 45′), Yani (Sara 77′) San Mateo: Verónica, Olaia, Arancha, Maria, Nerea, Silvia, Iris, Diana, Linda, Paula (Sabela 58′), Noelia. Goles:
Árbitro: Renny Mazaira. Sen amonestacions. Incidencias: partido correspondente a 18ª xornada do Grupo Sur da Segunda Autonómica disputada no campo do Monte da Aira en Velle. |
O partido comezou como de costume, control total do xogo que fixo que xa no minuto 4 Noe abrira o marcador tras un pase en profundidade de Pacy. A partir de aquí a sucesion de ocasións foi continua pero a falta de acerto ou as intervencións da porteira evitaban o gol ata que Hele no minuto 17 logo dunha xogada persoal lograra o segundo da mañá. De aquí ata o descanso non variou moito o guion de ocasións erradas polas locais.
A segunda metade comezou como rematou a primeira, un balon ao pao, paradas de merito da porteira rival, pero nunha destas ocasions erradas, un balon longo do San Mateo colleu desprevenida a defensa e supuxo o 2-1. As locais sufriron o golpe durante 10 minutos que estiveron algo perdidas, de feito 5 minutos despois do gol das vistantes produciuse unha xogada identica a do gol que evitou a porteira local cunha saida fora do area. Cando as locais se repuxeron voltaron as ocasions pero de novo sen tino, ata que no minuto 74 Nina marcou un fermoso gol dende a frontal do área. De aquí ao remate do partido o San Mateo non inquedou máis e vivironse dous goles máis obra de Sara e de Hele.
A vindeira semana toca xornada de descanso pola retirada da competición de dous equipos, Vila do Corpus e ADC Mos.