[alert type=»success»]
UD Ourense: Noelia, Jani, María (Pacy 33′), Lo , Andrea (Cae 77′), Moni, Hele, Aida, Laura, Palo (Palo 63′), Zaira (Cris 46′).
Victoria B: Clara (María 71′), Sarai (Elisa 70′), Sofía, Laura Costa, Paula, Laura Cetina, Nuria (Natalia 84′), Iria, Ines, Zaida, Miranda
Goles: 1-0 Hele min 17, 2-0 Laura min 27, 2-1 Iria min 49, 3-1 Palo min 60.
Árbitro: Rubén Pérez Martínez. Amonestou nas visitantes a Miranda (min 41) e nas locais a Pacy (min 42), Andrea (min 47) e Jani (min 52).
Incidencias: partido correspondente a 15ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo do Monte da Aira (Velle)
[/alert]
A primeira parte comezou coas visitantes tentando manexar o partido, pero moi pronto se farían as locais co mando do mesmo. Ata o minuto 30 o dominio foi local e as ocasións sucedéronse debido as chegadas constantes ao área visitante. Avisaron Laura por duas veces, Aida e Palo ata que no minuto 17 nunha boa xogada colectiva, Aida cedialle o balon a Palo que remataba coa esquerda ao longueiro, estando Hele moi atenta para meter o rexeite dentro da porteria.
O segundo chegou no minuto 27 nun disparo lonxano de Laura ante o que pouco pudo facer a gardarredes visitantes. Dende ese momento as locais confiaronse e baixaron o ritmo e puideron pagalo ben caro, xa que o Victoria comezou a asomar pola area local, sendo a sua mellor ocasión un balon ao longueiro ao borde do tempo de lecer.
A segunda metade comezou como acabou a primeira, as locais fora do partido e as visitantes tentando acadar un gol que as metera no encontro, e iso sucedeu no minuto 49 nun tiro lonxano que sorprendeu a Noelia. O tanto fixo espertar as locais, que voltaron ter o mando do encontro. Tivoa Cris nun tiro lonxano, despois Hele nun tiro que marchou fora por pouco e no minuto 60 tirou Cris ao longueiro, o rexeite caelle a Hele e cando ia marcar e derrubada por unha defensa. Penalti e gol de Palo que traia a tranquilidade.
De aquí ao final sucedéronse as ocasións e as chegadas. Pola banda visitante un tiro dende fora do area que se foi fora e a mais clara un balon interior que a dianteira botou fora no mao a mao. No bando visitante, as máis claras foron un disparo de Cae a porta baleira que sacou unha defensa baixo os paos e a derradeira do partido cun dobre remate ao pao, primeiro de Hele e no rexeite de novo Cae manda ao pao.
Nova victoria para as rapazas da UD Ourense que reducen a distancia co segundo clasificado. A vindeira semana toca descanso.