[alert type=”danger”]

Sárdoma CF “B”: Lucía, Rita (Silvia 42′), Sandra (Sara 68′), Laura (Noelia 60′), Sara, Natalia (Ana 74′), Paula, Nerea, María (Iladara 66′), Patricia Araque, Patricia Diaz.

UD Ourense: Noe, María, Pacy, Lo, Jani, Moni, Dana, Hele (Feijóo 75′), Aída (Aldara 81′), Laura, Cris.         

Goles: 0-1 Hele min 7, 0-2 Hele min 58, 0-3 Laura min 89.

Árbitro: Alejandro Simón Fernández. Sen amonestacions.

Incidencias: partido correspondente a fase previa da Copa Feminina 1ª División disputada no campo das Relfas (Vigo)

[/alert]

 

Comezou o partido coas ourensanistas mandando e presionando en campo contrario ao Sárdoma B. Froito desa presión, chegaron as duas primeiras aproximacións ao área local, que remataron en dous tiros de Moni que atrapou a gardarredes. Na terceira, chegou o primeiro. Tiro de falta de Cris, a gardarredes que non colle o balón e Hele, moi atenta ao rexeite fai gol. Tentou estirarse un pouco o Sárdoma, pero a defensa visitante andou moi acertada, facendo que Noe tivera pouco traballo. Unha moi boa xogada dende atrás das ourensanistas rematou cun disparo de Hele que se marchou fora por pouco. Ao pouco tivo a sua mellor ocasión o Sárdoma, pase entre as centrais, a dianteira tenta regatear a Noe pero aguanta moi ben e faise co balón.

A partir de ahí comezou o mao a mao entre Hele e a gardarredes local. Na primeira ocasión, Hele vaise da defensa, plántase ante a portería, pica o coiro, pero o disparo vaise por riba do longueiro. Ao pouco, nunha xogada moi parecida, Hele regatea a gardarredes e cando xa se cantaba gol, a defensa saca o balón baixo paos. Tivo tamén unha moi clara Aida, tras unha boa presión das visitantes, pero o seu disparo foise fora por moi pouco. A derradeira xogada volveu deparar outro enfrontamento entre Hele e a gardarredes. Hele vaise da defensa, encara a porteira e esta atrapa o seu lanzamento.

 

A segunda metade seguiu o camiño da primeira. Moita presión visitante e goteo de ocasións das ourensanistas. Comezou cun remate de Pacy que se foi fora por moi pouco a centro de Cris. Ao pouco foi Laura a que rematou dentro do área ao lateral da rede e case de seguido tivoa Cris tras roubarlle o balón a defensa. Tivo unha falta perigosa preto do área o Sárdoma B, pero atrapou o disparo Noe. No minuto 55 chegou o 0-2, obra de Hele, quen esta vez sí, gañoulle o man a man a gardarredes local. Chegou a continuación unha boa oportunidade do Sárdoma, a dianteira regatea a Noe, centra ao área, pero non hai rematadora, e entre Lo e Jani afastan o coiro. De aquí ata o remate do encontro, seguiron as oportunidades visitantes para Cris, Laura e Aída, ata que no minuto 90 Laura marca de tiro cruzado dende dentro do área.

 

Victoria que permite o pase a seguinte ronda da copa. O próximo domingo toca xogar na casa contra un clasico, o Portonovo.

Foto:Yedra Seara

Comentarios