Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 9 de abril de 2015, ás 20,00 horas en primeira convocatoria e 20,30 horas en segunda na Casa de Chocolate (Avda. da Habana, 79), Asamblea Xeral Extraordinaria de Socios.

 

 

ORDE DO DÍA

 

1.- Ratificación do nomeamento de Antonio Dacosta como directivo

2.- Modificación Estatutos

3.- Aprobación Regulamento electoral

4.- Convocatoria eleccións

5.- Propostas socios

6.- Rolda libre de intervencións

 

As modificacións dos Estatutos do club propostas pola Xunta Directiva son as seguintes:

 

1.- As condicións e formas de admisión de novos abonados e acordar a contía da cota que deberán de satisfacer os abonados pasa a ser competencia da Asamblea Xeral e non da Xunta Directiva. Hai que modificar o artigo 28.d) e o art. 31.g).

 

2.- Eliminar a esixencia recollida no artigo 29 de que a Xunta Directiva teña que estar constituida por un número impar de membros.

 

3.- Regular o destino da parte da couta social que non se destina a pagar o abono, neste caso 70 € dos 100 € pagados polos socios. Engadiríase un punto 3 ao artigo 44.

                        3.- A parte da couta anual pagada polos socios que resulte de restar o prezo do

                             abono anual pasará a formar parte dun fondo de reserva que será empregado

                            do xeito que determine a Asamblea Xeral de socios.

 

Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asamblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asamblea e serán enviadas ao correo electrónico

uniondeportivaourense@gmail.com.

 

Así mesmo lembrar que poden acudir a Asamblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da couta social, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma. Por último recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.