A UD Ourense convoca a Asamblea Xeral Ordinaria de socios

0

 

Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 28 de xaneiro de 2016, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e 20,00 horas en segunda na Casa de Chocolate (Avda. da Habana, 79), Asamblea Xeral Ordinaria de socios.

 

ORDE DO DÍA

 

1.- Ratificación, se procede, de novos socios pola Asamblea

2.- Ratificación, se procede, de novo membro e de novos cargos da Xunta directiva e comunicación de ceses

3.- Estado execución orzamento 2015-16

4.- Informe sobre socios e abonados

5.- Nova redacción Estatutos a requerimento da Xunta de Galicia

6.- Informe sobre a situación da adxudicación de instalacións municipais

7.- Rolda libre de intervencións

 

Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.

Así mesmo lembrar que poden acudir a Asamblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da couta social, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma. Por último recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.