A UD Ourense adianta o partido ante o Cea ó sábado as 19:00 horas

0

 

A UD Ourense adianta o partido ante o C.D.Cea que pasará a disputarse  o sábado 7 de maio ás 19,00 horas para non coincidir coa xornada unificada de 1ª División e outras categorías que se xogarán o domingo. Este será o último partido de liga no Couto, ainda que queda a Copa Deputación B, que se xogará no Couto e del  faráselle entrega da Copa de Campión de Liga. Por todo elo dende o clube piden o apoio e asistencia de todos os seus socios, abonados e afeccionados. Neste partido sorteáranse un xamón de gama selecta, xentiliza de Coren, e un lote de aceite, cortesía de Aceites Abril para premiar ese apoio constante durante toda a tempada tanto na casa como fora. 

 

Lembrar que estánse a vender as últimas bufandas que quedan en stock a un prezo reducido de 7 €. Coincidindo con este partido estará exposto enfrente das oficinas do club, dende unha hora antes do comezo do encontro, o autobús de Anpian decorado co escudo e nome do club.

 

bus-FEM-UDO

De cara ao trascendental partido do equipo feminino en Portonovo o domingo 15 de maio ás 12,00 horas, no que de gañar acadaríamos o ascenso matemático á 1ª Autonómica, fletaranse autobuses  para que os afeccionados que o desexen poidan acudir a este partido. O prezo do billete (ida e volta) será de 5 € e a saída está prevista para o domingo 15 de maio ás 9,30 horas dende o Estadio do Couto.

Os que o desexen poden apuntarse nas oficinas do Estadio do Couto dende o venres 6 de maio ata o venres 13 de maio en horario de 18,00 a 21,00 horas (agás sábado e domingo).

 

 

Tamén cabe destacar que xa están abertas as votacións a mellor xogador do mes de abril doado por Galicia Deportiva e que se pode votar a través da página web da UD Ourense: 

 

http://udourense.com/votacions/