A tres veces olímpica Alessandra Aguilar comunica a súa retirada

0
Vídeo despedida «Mi otra gran pasión»

 

“Llego la hora de decir adiós y tengo tanto que agradecer ¡Gracias!”

Así anunciaba fai uns días Alessandra Aguilar a través da súa conta personal de twitter, o anuncio ofial da súa retirada logo de toda unha vida de éxitos adicada ó atletismo.

Procedente dunha familia cunha ampla tradición atlética, Alessandra Aguilar amosaría moi cedo as súa gran calidade que a convertiría nunha das máis importantes maratonianas da historia do atletismo a nivel nacional.

No ano 1989 con apenas once anos xa aparecía no top10 do ranking da FGA na proba dos 1.000 m. marcando un crono de 3:08.9 e nos 2.000 con 6:50.0 xunto outras importantes galegas internacionais tales como María Jesús Gestido ou Rocío Rodríguez Longa.

Dende esos comezos, onde xa se marcaría a súa tendencia polas probas de fondo, a evolución desta lucense sería constante o que lle permitiría encabezar en sucesivas tempadas as listas dos rankings galegos aparecendo xa tamén, en postos destacados das listas estatais. Sería múltiples veces campioa galega (no ano 2002 deixaría de ter ficha con Galicia) conservando na actualidade os récords autonómicos Sub18 nos 5.000 m. e Sub23 dos 10.000 m.

A nivel nacional proclamaríase Campioa de España en cinco ocasións nas súas diversas categorías e modalidades de pista, ruta e campo a través, chegando a ser internacional nun total de 39 ocasións (debutaría no ano 1999 na Copa de Europa Sub23 en Gotemburgo). Entre o seu palmarés cabe subliñar, tres participacións nuns Xogos Olímpicos (Pekin-2008, Londres-2012 e Río-2016) así como catro Campionatos do Mundo (5a en Moscú-2013) e tres Campionatos de Europa (5a en Barcelona- 2010) todos eles na proba de maratón, por citar algúns.

Historial Deportivo