A Selección Sub-20 feminina de futsal disputa este fin de semana a Fase Final do Cto. España

Galicia xogará contra Andalucía este sábado ás 16:30 e a outra semifinal dispútana Cataluña e Murcia ás 18:30 horas.

0

 

A Selección Galega Sub20 feminina de fútbol sala chega hoxe a Madrid para aloxarse no hotel da Ciudad del Fútbol de Las Rozas. No polideportivo da Real Federación Española xógase esta fin de semana a Fase Final do Campionato de España da categoría. E aí están as nosas xogadoras dispostas a loitar polo título nacional. Esta tarde (16:30) realizarán a última sesión de adestramento na pista do campionato.

CALENDARIO DA FASE FINAL
XORNADA DÍA HORA PARTIDO PAVILLÓN
SEMIFINAL 1 9 16:30 ANDALUCÍA – GALICIA CIUDAD DEL FÚTBOL
SEMIFINAL 2 9 18:30 CATALUÑA – MURCIA CIUDAD DEL FÚTBOL
FINAL 10 13:00 GAÑADOR 1 – GAÑADOR 2 CIUDAD DEL FÚTBOL

 

 

CONVOCATORIA
XOGADORA CLUB
CARLA MEDÍN LÓPEZ A FERVENZA
CAROLINA SENRA RODRÍGUEZ A FERVENZA
CLARA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ CIDADE DE AS BURGAS
MARÍA AMELIA COBELAS VELÁZQUEZ CIDADE DE AS BURGAS
IDOYA MARTÍNEZ CABALLERO OURENSE CF
MARÍA ESTÉVEZ MARTÍNEZ OURENSE CF
VERA RIVERO ÁLVAREZ OURENSE CF
CAROLINA AGULLA FERNÁNDEZ POIO PESCAMAR
IRENE GARCÍA DE VEGA POIO PESCAMAR
AIDA YÁÑEZ FERREIRO VIAXES AMARELLE
IRAIA ARBELOA GUERRERO VIAXES AMARELLE
SELECCIONADOR JORGE BASANTA

 

A competición poderase seguir en directo vía streaming a través da nosa páxina web: www.futgal.es.