A Selección Galega sube ao podio no Campionato Nacional de Probas Combinadas

0

Fantástica terceira posición lograda pola Selección Galega de probas combinadas no Campionato Nacional que se desenvolvería durante esta fin de semana en Alhama de Murcia o que representa ademáis dunha extraordinaria nova, unha importante mellora con respecto á quinta posición lograda na última edición desenvolta no mesmo escenario no ano 2019.

A nivel de actuacións, Lucía Sánchez del Valle nun formidable estado de forma, lograba a segunda posición cuns salientables 4.989 puntos, malia que o vento máis favorable do regulamentario, impediría que esta puntuación poda subir á táboa de récords galegos. Na mesma categoría Sub18, Aitor Fernández Gayoso pola súa banda, lograba un meritorio sexto lugar rematando cunha puntuación total de 5.730 puntos.

Na categoría absoluta, bo campionato dos nosos dous máis importantes especialistas. A internacional Eva Queimaño lograba a súa MMT en aire libre con 4.736 puntos mellorando en trinta a súa última actuación de Pontevedra de fai unha semana.

Por último o campión de Galicia de pista cuberta e tamén atleta internacional Adolfo Sáinz Maza, repetiría a mesma sexta posición da última edición, sumando ao remate de 6.003 puntos.

O campionato foi gañado pola selección da Comunidade Valenciana con 25.008 puntos, seguida da Selección de Murcia con 22.636 correspondendo o terceiro lugar a Selección Galega con 21.458 quen estaría por diante de potentes combinados como a catalán, a madrileño ou a vasco por citar algúns.

Cabe salientar para rematar  o excelente comportamiento de todos os seleccionados e seleccionadas a quenes lles tocaría competir baixo unhas condicións climatolóxicas por momentos adversas así como ao excelente traballo dos responsables técnicos da selección Julio Santiago e Aitor Fernández.