A Selección Galega logrou o subcampionato de España por equipos na categoría masculina, na feminina e na xeral no Campionato de España sénior disputado en San Sebastián de los Reyes coa participación de 239 deportistas. En total as e os nosos deportistas acadaron 14 medallas individuais (1 ouro, 2 pratas e 11 bronces).

O ouro foi para Pablo Fernández Eiras (Mat ́s) no peso pesado que venceu na final ao catalá Jaume Martínez nun magnífico combate por 15-7. Con anterioridade, eliminou con facilidade ao representante de Extremadura, para nas semifinais superar a outro catalán, Joel Joan Catalina por un espectacular 36-15.

En -68 Manuel Parada (Natural Sport Riveira) acadou a medalla de prata ao caer derrotado contra o madrileño Javier Pérez, compañeiro de Manuel no CAR de Madrid. O deportista do Natural fixo un magnífico campionato: En oitavos venceu a Javier Chicote (22-15), nos cuartos a Ismael Zapata (14-10) e nas semifinais gañou a José Antonio Rosillo (Baleares), bronce mundial, por 14-12.

En -87 quilogramos houbo dobrete para Galicia. Iván García (Mat ́s) acadou a medalla de prata, mentres que José Real (Natural Sport Riveira) foi bronce. Iván gañou nos cuartos a Valentín Guinea por 6- 10 e tivo unha dura semifinal contra Javier Mármol (Madrid) que se tivo que decidir no punto de ouro tras rematar o combate con empate (6-6). Na final Daniel Ros (Valencia), que xa eliminara nas semifinais a José Real, foi superior e venceu por 3-14.

Ademais, na categoría masculina hai que destacar o bronce de Fernando Rascado (Natural Sport) en -80 quilogramos. Rascado caeu nas semifinais contra Ramón Ruiz (Cataluña) por 12-7. Con anterioridade superou ao representante de Cantabria (por superioridade) e Aragón.

9 bronces femininos. Na categoría feminina Galicia acadou un total de 9 bronces. Laura Lorenzo (-46, Tao) foi bronce tras gañar nos cuartos de final á competidora catalá Nadia Funes por un contundente 6-0, pero na semifinal, ante a representante madrileña Irene Laguna, caeu derrotada por 13-9.

Uxía Ogea (-53, Mace Sport) superou no primeiro combate a Jacoba Munar (Baleares) por unha diferenza de 20 puntos, e nos cuartos de final venceu a Carla Reig (Valencia) por 14-7. Na semifinal, a galega perdeu contra Lydia García (Madrid) por 14-5.

En -57, Galicia tivo a dúas representantes no podio. Jéssica Blanco (Mace Sport) venceu nos cuartos de final á representante de Aragón de forma clara (16-9) e perdeu na semifinal contra Lidia Fernández, de Madrid (11-4), que ao final acadou o título de campioa de España. Pola súa banda, Sara García (Dobok) superou no primeiro combate a Ilargi García (Euskadi) e perdeu nas semifinais contra Pilar Martínez (Madrid).

En -67 quilogramos, Katia Calvar, que defendía o título de campioa de España, quedou fóra da final nunha durísima semifinal contra Eva Calvo, que venceu a madrileña por 5-6. Finalmente Eva Calvo logrou a medalla de ouro.

Miryam García (-62, Patiño) gañou nos cuartos de final á andaluza Yaiza Soiza por 6-0 e caeu nas semifinais fronte á vasca Jone Magdaleno por un axustado 10 a 8. Jone Magdaleno acadou a medalla de ouro.

Sofía Pérez (-73, Natural Sport) superou os oitavos de final contra a canaria Cinthya Perdomo (6-2), nos cuartos eliminou á representante de Cataluña Mariona Leyes (9-3) e caeu na semifinal contra Cecilia Castro (Madrid) por 15-5.

No peso pesado, tamén houbo dous bronces galegos. Sabela López (Patiño Moaña) ganou o primeiro combate por 2-7 ao Belén Morán de Andalucía, e caeu nas semifinais contra Zuriñe Padilla (Euskadi) por 5-4. Pola súa banda Tania Gándara (Lúar) venceu no primeiro combate á representante de Andalucía e caeu na semifinal contra a campioa do mundo Rosana Simón, que logrou o título de campioa de España.

 

Comentarios