O vindeiro día 14 de febreiro Sevilla desenvolverá a disputa do XXXI Campionato de Federacións Autonómicas Sub20 e Sub16 de marcha en ruta á que a nosa Selección acudirá a tomar parte con catro equipos.

Sería precisamente no día de hoxe cando a Dirección Técnica da Federación, a proposta do Responsable do Sector, daba a coñecer a relación das oito marchadoras e oito marchadores que defenderán a camisola autonómica.

 

Máximas aspiracións para a Selección Sub16 feminina

Por equipos a selección femenina Sub16 está chamada a ocupar un dos primeiros postos do podio grazas ao excelente equipo formado por Aldara Meilán, Natalia Rivas, Oleksandra Kostenko e María Martín. O equipo que xa fora subcampión de España o ano pasado, conta de igual modo con moitas posibilidades de medalla a nivel individual.

O restro de equipos galegos acudirán co obxectivo de facer valer o seu equilibrio e compensación na procura de postos de finalistas, contando para elo tanto Pablo Sánchez da Atlética Lucense na Sub16 como Alba Pérez do Atletismo Negreira na Sub18 entre outras e outros.

Entre as seleccionadas e seleccionados debutan os Sub16 Oleksandra Kostenko e Andrés González, sendo na Sub20 a estrea para Rita Vázquez e Carlos Bautista.

 

Motivación en tempos difíciles

Sobre esta primeira cita da tempada da nosa selección, o presidente da FGA Isidoro Hornillos valoraba a importancia dos desprazamentos do combinado autonómico ̈Dende a Federación estamos a facer un esforzo por acudir ca Selección Galega a todas cantos campionatos poidamos estar ̈ apuntando ademáis que ̈somos conscientes da gran importancia e valor que entraña para os nosos atletas o poder competir ao máximo nivel defendendo a súa selección tendo en conta as circunstancias tan excepcionais pola que estamos a atravesar.

 

Viaxe de ida e volta en avión

Ao fronte da selección acudirá o Responsable do Sector de Marcha Carlos Morales quen irá acompañado por Maika Jueguen en calidade de Responsable dos Servizos Médicos.

A saída da expedición será en avión o vindeiro día 13 de febreiro desde o aeroporto de Alvedro na Coruña regresando o día 14.