[alert type=”info”]

Selección de Galicia: Silvia Aguete, Beatriz Seijas, Iria Saeta, Marta, Cecilia –cinco inicial- Lara, Charo, Sonia Pacios, Andrea, Lucía, Yenni e Ana.

Selección de Cataluña: Noe, Burgui, Carri, Berta, Estefa -cinco inicial- Bet, Roig, Riera, Cris, Celia, Villa e Utri.

Goles: 1-0 Cecilia (3’); 2-0 Cecilia (9’); 2-1 Villa (8’); 3-1 Marta (22’); 4-1 Cecilia (31’); 5-1 Cecilia (34’); 5-2 Marta (37’); 6-2 Villa, en propia porta (39`).

Árbitros: Raquel Manteiga Rodríguez e Álvaro Cid Bragado, con Carreira Romero de terceiro árbitro e Patricia Doval na mesa.

Pavillón: Santa Isabel. Algo máis de mil espectadores.

[/alert]

 

A Selección Galega de fútbol sala feminino non podía ter mellor regreso. Gran partido das xogadoras dirixidas por Castillo e Queru e magnífica e merecida vitoria contra Cataluña nun polideportivo de Santa Isabel con moitísimo público, pois foron algo máis de mil os espectadores que se achegaron ata a instalación compostelana. Entre eles a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, que presidiu o encontro xunto ó presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.

Logo do sempre emotivo acto protocolario dos himnos, procedeuse á disputa dun encontro que tivo unha clara protagonista desde o saque inicial. Cecilia, xogadora do Poio Pescamar, marcou moi pronto dous goles case consecutivos rematando dúas contras e Galicia tomaba o mando. Recurtaba Cataluña por mediación de Marta Villagrasa e co 2-1 chegouse ó intermedio. Galicia levaba o peso do xogo, pero as catalanas demostraban ser un equipo competitivo.

Marta marcou un gol que deu tranquilidade ó pouco de iniciarse a segunda metade. A selección galega atopou un bos minutos e creou varias ocasións, pero o gol neste partido parecía coto privado de Cecilia. Ela marcou os dous seguintes deixando o partido visto para sentencia. Aínda houbo tempo para un tanto máis de Cataluña e un final de Villa en propia porta que deixaron o marcador no 6-2 final. Un triunfo merecido baseado nun bo xogo ofensivo e nunha gran fortaleza defensiva, todo elo consecuencia da gran intensidade que as galegas lle meteron ó partido desde o inicio, realmente desque que comezou a concentración.

Cecilia foi elixida mellor xogadora do partido e a secretaria xeral para o Deporte e o presidente da FGF entregaron o trofeo de campioa á selección galega.

 

 

 

Comentarios