A Coruña, 21 de outubro de 2017. Galicia proclamouse campioa por equipos tanto en técnica coma en freestyle no X Open Cidade de Pamplona, que se celebrou hoxe coa participación de 400 deportistas e máis de 70 equipos. Este open concede puntos para o ránking español, que decide a clasificación para o Mundial 2018.

Na modalidade de técnica, Galicia logrou o título por equipos e acadou un total de 14 medallas (5 ouros, 5 pratas e 4 bronces).

Samuel Meilán (Tao) obtivo un dobre premio na competición individual, ao lograr o ouro en sénior 2 e resultar elixido mellor competidor do Open. Ademais tamén conseguiron a primeira posición nas súas respectivas categorías Alejandro Fernández (Escola Lucense) en cadete; Nerea Alamancos (Tao) en sénior 2; Gabriel Tembrás e Beatriz Felpeto (Moo Duk Kwan) en parella júnior e Samuel Meilán e Nerea Alamancos (Tao) en parella sénior 2.

As medallas de prata foron para Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) en júnior; Alejandro Losada (Tao) en sénior 1; Sandra Gardini (Yidam) en máster 1; a parella júnior formada por Álvaro Portela e Bárbara Di Martino (Hebe); e a parella sénior 1 formada por Andrea Vilas e Alejandro Losada (Tao).

As e os deportistas galegos sumaron catro bronces que foron para Manuel Paz (Hebe) na categoría júnior; Alejandro Losada (Neka) en sénior 1; Esperanza Fernández (Couto) en máster 2 e Óscar Rey (Kiap) en sénior 2.

En freestyle -modalidade na que se combina técnica con música e coreografía-, Galicia tamén acadou o título cun total de 11 medallas (3 ouros, catro pratas e catro bronces). Ademais hai que sumar a prata en – 17 anos de Ángel López (Mace) que viaxaba co seu club.

Houbo tres medallas de ouro para Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) acadou a medalla de ouro en -17; Eirim Vaamonde (Yidam) en +17 anos e a parellas sénior formada por Eirim Vaamonde e Aitor Priego (Yidam).

As pratas foron para Bárbara Di Martino (Hebe) en -17; Elena Varela (Neka) en + de 17 anos; a parella de -17 formada por Gabriel Tembrás e Bea Felpeto (Moo Duk Kwan); e para a parella sénior formada por Andrea Vilas e Samuel Meilán (Tao).

Os catro bronces foron para Manuel Paz (Hebe) e Beatriz Felpeto (Moo Duk Kwan) en -17 anos; Marcos Silva (Mace Sport) en + 17; e a parella de -17 anos formada por Bárbara Di Martino e Gabriele Santomé (Hebe).

Comentarios