A SD Compostela estará presente no Galego Máster de Atletismo

0
Este sábado celebraráse o campionato de Galicia Máster nas pistas de Pontevedra, no cal non estará permitida a entrada a público.

Por parde da S.D Compostela atletismo participarán:

  • Juan Alvarellos nos 100 e 200 metros lisos
  • Amador Pena nos 400, 800 e 1500.
  • José Sandá nos 800 e 1500
  • Antonio Vázquez nos 800 e 1500
  • Juan Botana nos 800
  • Walter Piñeiro nos 800
  • Juan Luis Botana nos 800 e 400 valados.
  • Manuel Castiñeiras nos 5000 metros.
Serán uns campionatos de novo atípicos polas limitacións que nos impón o protocolo de seguridade por mor da Covid 19, e cunhas gradas desanxeladas, pero moi contentos de poder participar conscientes da importancia de facer deporte nestes momentos.

A SD completa así a súa terceira participación en importantes campionatos este ano, despois de ter acadados varios metais no campionato Máster de pista Cuberta a principios de ano e no absoluto ao aire libre, asi como outro tipo de probas en ruta, trail e campo a través.

Este mesmo Sábado tamén teremos a participación do Sub 16 Yago Iglesias na XXXVII copa deputación de Ourense, na que disputará os 1000 metros lisos na procura dunha boa marca e posto de cara o próximo campionato de Galicia desta categoría.