Logo da ampliación do Estado de Alarma decretado polo Goberno de España, a Xunta Directiva da RFGF aprobou este domingo 22 de marzo, en reunión mantida por videoconferencia, prorrogar a suspensión de todas as competicións de ámbito autonómico, provincial e local, tanto na modalidade principal de fútbol como en todas as súas especialidades (fútbol sala, fútbol gaélico…) ata que as autoridades competentes consideren que se poden reanudar sen risco algún para a saúde dos futbolistas, corpo técnico e empregados dos clubs e para o público asistente. Medida esta que se toma de acordo co comunicado emitido pola Real Federación Española de Fútbol.

Do mesmo xeito, a RFGF tamén mantén todas as medidas de protección dos seus empregados e dos seus afiliados, polo quetodas as sedes e instalacións federativas permanecen pechadas ao público.

A RFGF implementou o teletraballo como medida de funcionamento para poder manter a súa actividade administrativa. A atención aos clubs está asegurada de maneira telemática a través da Intranet, polo que pedimos a todos aqueles que queiran contactar coa Federación que o fagan a través dos distintos correos habilitados na intranet, ou tamén a través da atención telefónica no número 981 900 600, que se mantén con servizos mínimos.

Confiamos que todos e todas vos atopedes en bo estado de saúde, ao igual que todos os vosos familiares, e apelamos á responsabilidade de todos para seguir de maneira escrupulosa as indicacións das autoridades estatais e autonómicas co fin de conseguir entre todos esta importante vitoria ante o coronavirus.

Queda na casa!

Comunicado oficial FUTGAL