As fases de ascenso exprés da Terceira División Nacional Masculina e da Segunda División Feminina, ambas as de Fútbol Sala, xa teñen data e hora para a súa celebración.

Na Terceira División Masculina serán catro os equipos galegos que loitarán en dúas eliminatorias a partido único por senllos ascensos de categoría á Segunda División B da especialidade. O gañador de cada encontro ascenderá de categoría.

No caso da cita feminina serán tres os galegos que loitarán por un único ascenso. O Viaxes Amarelle FSF agarda na gran final polo gañador da eliminatoria entre O Fisgón Futsal e o Valdetires FSF.

Datas e horarios

Na seguinte táboa podes consultar as datas dos encontros:

Data Partidos HORARIO TV
18-07 ACD Lugo Sala – A Estrada Futsal

Pavillón Municipal de Lugo

17:45 Retrasmisión en streaming RFGF
18-07 O Fisgón Futsal – Valdetires FSF (1)

Polideportivo de Elviña (A Coruña)

17:45 Retrasmisión en streaming RFGF
19-07 Stellae FS – O Parrulo Ferrol FS

Polideportivo M. Grupo Escolar (Padrón)

17:45 Retrasmisión en streaming RFGF
FINAL PLAY OFF – 2ª NACIONAL FEMININA
25-07   Viaxes Amarelle – Vencedor (1)

Pabellón M. Sagrada Familia (A Coruña)

20:00